Alphonse Amédée Trémeau de Rochebrune, nado o 18 de setembro de 1836 en Saint-Savin, Vienne (Francia), e finado o 23 de abril de 1912 en París, foi un botánico, malacólogo e zoólogo francés.
Traxectoria
Fillo dun conservador do Museo de Historia Natural de Angoulême, licenciouse en medicina e ingresou no exército como médico militar, alcanzando o cargo de axudante maior en 1870. Despois de obter o título e doutor en 1874, estableceuse en África, en Saint-Louis (Senegal).
En 1878 pasou a traballar no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París, como prrparador no laboratorio de antropoloxía, e despois substitúe a Victor Bertin (1849-1880) como naturalista axudante do laboratorio de moluscos, vermes e zoófitos, despois da morte de Bertin, ocupando esta función até a súa xubilación en 1911.
Nas súas cento cincuenta publicacións, abordou os asuntos máis variados: desde a xeoloxía á paleontoloxía, desde a botánica á malacoloxía. Pódese citar especialmente o seu Catalogue des plantes phanérogames qui croissent spontanément dans le département de la Charente (1860) que realizou con Alexandre Savatier (1824-1886).
En 1882-1883, participa, co malacólogo francés Jules François Mabille na expedición científica aos mares do Sur (océano Pacífico) e ao cabo de Fornos. Como resultado desta expedición ambos os científicos describiron numerosas novas especies de moluscos. En 1889 Rochebgrunne escribiu informes sobre a súa extensa investigación. Grazas a estes
estudos, fixo que o coñecemento dos moluscos progresara amplamente.[3]
Alphonse Trémeau de Rochebrune describiu por primeira vez unha lapa do paleolítico en 1854, en Mouthiers-sur-Boëme (Charente).[Cómpre referencia]
Por outra parte, en 1883, describiu a nova tribo dos Alcelaphini, única da familia dos Alcelaphinae, antílopes africanos.[4]
Algunhas publicacións
Abreviatura
A abreviatura Rochebrune emprégase para recoñecer a Alphonse Trémeau de Rochebrune como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía