Simon Alphonse Kirchhoffer, nado en París o 19 de decembro de 1873 e finado na mesma cidade o 30 de xuño de 1913, foi un mestre de armas e tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.
Kirchhoffer era oficial na reserva e profesor nunha sala de armas parisiense. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París na proba de florete profesional perdendo na final co tamén francés Lucien Mérignac, logrando a medalla de prata.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!