O alfabeto ruso moderno é unha variante do alfabeto cirílico. Introduciuse na época do dominio do Rus de Kíiv (un estado medieval dos eslavos orientais) simultaneamente á súa conversión ao Cristianismo (en 988) ou, se certos achados arqueolóxicos están correctamente datados, nunha data lixeiramente anterior.
O idioma ruso escríbese usando unha versión moderna do alfabeto cirílico que utiliza 33 letras.
A seguinte táboa presenta as maiúsculas, xunto cos valores SAMPA para o son de cada letra:
А /a/ |
Б /b/ |
В /v/ |
Г /g/ |
Д /d/ |
Е /je/ |
Ё /jo/ |
Ж /Z/ |
З /z/ |
И /i/ |
Й /j/
|
К /k/ |
Л /l/ |
М /m/ |
Н /n/ |
О /o/ |
П /p/ |
Р /r/ |
С /s/ |
Т /t/ |
У /u/ |
Ф /f/
|
Х /x/ |
Ц /ts/ |
Ч /tS'/ |
Ш /S/ |
Щ /S'/ |
Ъ // |
Ы /1/ |
Ь /'/ |
Э /E/ |
Ю /ju/ |
Я /ja/
|
O alfabeto
O alfabeto ruso é como segue:
Maiúscula
|
Minúscula
|
Nome
|
Nome antigo1
|
SAMPA
|
Exemplo
|
Valor numérico 19
|
А |
а |
А /A/ |
азъ /az/ |
/a/ |
a de cazo |
1
|
Б |
б |
бэ /bE/ |
буки /buki/ |
/b/ |
b de Betanzos |
-
|
В |
в |
вэ /vE/ |
вѣди /vedi/ |
/v/ |
v como no inglés vine |
2
|
Г |
г |
гэ /gE/ |
глаголь /glagol/ |
/g/ |
g de galego |
3
|
Д |
д |
дэ /dE/ |
добро /dobro/ |
/d/ |
d de dedo |
4
|
Е |
е4 |
Е /jE/ |
есть /yest'/ |
/je/ |
ie como en vieiro, pronunciado nunha única silaba |
5
|
Ё |
ё4,7 |
Ё /jO/ |
– |
/jo/ |
io de piollo, pronunciado nunha única silaba |
-
|
Ж |
ж |
жэ /ZE/ |
живѣте /Z1v'et'e/ |
/Z/ |
ll como no arxentino llave |
-
|
З |
з |
зэ /zE/ |
земля /z'eml'a/ |
/z/ |
z como no inglés zoo |
7
|
И |
и4 |
И /i:/ |
иже /i:ZE/ |
/i/ |
i de vida |
8
|
Й |
й |
И краткое /i: kratkoje/ |
– | /j/ |
i de boi |
-
|
К |
к |
ка /ka/ |
како /kako/ |
/k/ |
c de casa |
20
|
Л |
л |
эль /El'/ |
люди /l'udi/ |
/l/ |
l de lapa |
30
|
М |
м |
эм /Em/ |
мыслѣте /m1sl'et'e/ |
/m/ |
m de mapa |
40
|
Н |
н |
эн /En/ |
нашъ /naS/ |
/n/ |
n de noso |
50
|
О |
о |
О /o/ |
онъ /on/ |
/o/ |
o de sogro |
70
|
П |
п |
пэ /pE/ |
покой /pokoj/ |
/p/ |
p de peto |
80
|
Р |
р |
эр /Er/ |
рцы /rts1/ |
/r/ |
r de aro |
100
|
С |
с |
эс /Es/ |
слово /slovo/ |
/s/ |
s de seda |
200
|
Т |
т |
тэ /tE/ |
твердо /tv'erdo/ |
/t/ |
t de tipo |
300
|
У |
у |
У /u/ |
укъ /uk/ |
/u/ |
u de uso |
400
|
Ф |
ф |
эф /Ef/ |
фертъ /f'ert/ |
/f/ |
f de feixe |
500
|
Х |
х |
ха /xa/ |
хѣръ /Cer/ |
/x/ |
g de ghaliña (pronunciado con gheada) |
600
|
Ц |
ц |
це /tsE/ |
цы /ts1/ |
/ts/ |
ts como o dobre z no italiano pizza |
900
|
Ч |
ч |
че /tSE/ |
червь /tServ'/ |
/tS/ |
ch de choiva |
90
|
Ш |
ш |
ша /Sa/ |
ша /Sa/ |
/S/ |
x de xeada |
-
|
Щ |
щ |
ща /S'a/ |
ща /S'a/ |
/Sj/ |
x de Xosé |
-
|
Ъ |
ъ |
твёрдый знак /tv'ord1j znak/ |
еръ /jer/; Yer |
Note2 |
- |
-
|
Ы |
ы |
Ы /1:/ |
еры /jer1/ |
/1/5 (IPA [i]) |
i de ir |
-
|
Ь |
ь |
мягкий знак /m'axkij znak/ |
ерь /jer'/ |
/'/3 |
- |
-
|
Э |
э6 |
э оборотное /E oborotnoje/ |
– |
/E/ |
e de época |
-
|
Ю |
ю |
Ю4 /ju/ |
ю /ju/ |
/ju/ |
u de uso |
-
|
Я |
я4,16,17 |
Я /ja/ |
я /ja/ | /ja/ |
ia de iate, pronunciado nunha única sílaba |
-
|
Letras eliminadas en 1918: |
І |
і8 |
- |
I /i:/ |
/i/ |
|
10
|
Ѳ |
ѳ9 |
- |
ѳита /fi:ta/ |
/f/ |
|
9
|
Ѣ |
ѣ10 |
- |
ять /jat'/; Yat | /jE/ |
|
-
|
V |
v11 |
- |
ижица /iZ1tsa/ |
/i/ |
|
-
|
Letras en desuso antes do século XVIII:18 |
S |
s14 |
- |
зѣло /z'elo/ |
/dz/ ou /z/ |
|
6
|
Ѯ |
ѯ12 |
- |
кси /ksi/ |
/ks/ |
|
60
|
Ѱ |
ѱ12 |
- |
пси /psi/ |
/ps/ |
|
700
|
Ѡ |
ѡ13 |
- |
омега /om'ega/ |
/o/ |
|
800
|
Ѫ |
ѫ |
- |
юсъ большой /jus bol'Soj/, Yus |
/u/,/ju/15 |
|
-
|
Ѧ |
ѧ15 |
- |
юсъ малый /jus mal1j/ |
/ja/14 |
|
-
|
Ѭ |
ѭ |
- |
юсъ большой іотированный /jus bol'Soj jotirowann1j/ |
/ju/15 |
|
-
|
Ѩ |
ѩ |
- |
юсъ малый іотированный /jus mal1j jotirovann1j/ |
/ja/15 |
|
-
|
Os nomes das letras
1. Ata aproximadamente 1900, os nomes mnemónicos herdados da Igrexa eslava úsanse para as letras. Poden verse aquí na ortografía anterior á reforma de 1918 do alfabeto civil post-1708.
- Posto que a maioría dos nomes antigos son obviamente nativos, tense argumentado que a lectura da lista na orde tradicional produce un estilo de himno para a arte da linguaxe, unha orde moral:
аз буки веди |
Coñezo letras.
|
глаголь добро есть |
Parolar é beneficioso
|
живете зело земля |
Vive de verdade (nesta) terra
|
иже и како люди мыслете |
a cal, de onde pensades como seres humanos
|
наш он покой |
é pola tranquilidade nosa
|
рцы слово твердо |
di a palabra firmemente
|
ук ферт хер цы |
[de aquí en diante...]
|
червь ша ер ять юс |
[... o significado é moi escuro]
|
As letras non-vogalizadas
2. O signo duro ъ indica que a consoante precedente non está palatalizada. A súa pronuncia orixinal, perdida sobre o 1400 ou antes, era a dun son estilo schwa moi curto, usualmente latinizado ŭ.
3. O signo mol ь indica que a consoante precedente está palatalizada. A súa pronuncia orixinal, perdida sobre o 1400 ou antes, era a dun son estilo schwa moi curto con iode (palatalizado), usualmente latinizado ĭ.
As vogais
4. As vogais е, ё, и, ю, я palatalizan a consoante precedente, e todo excepto и fica iotado (cun [j] precedendo). O и inicial foi iotado até o século XIX.
5. O ы é unha antiga vogal intermedia tensa do eslavónico común, mellor mantida no ruso moderno ca noutras linguas eslavas. Orixinalmente nasalizábase en certas posicións: de камы /ˈkamɨ̃/ resultou камень /kam'en'/ "pedra". A súa forma escrita desenvolveuse así: ъ + і > ъı > ы.
6. O э foi introducido no 1708 para distinguir o /e/ non-iotado/non-palatalizado do que é iotado/palatalizado е. O uso orixinal fora е para o non-iotado /e/, ıє ou ѣ para o iotado, mais ıє ficou en desuso no século XVI.
7. O ё, introducido por Lomonosov no século XVIII, marca o son /jo/ que historicamente evolucionara desde o /je/ acentuado, un proceso que segue a producirse na actualidade. A letra ё é opcional: é correcto formalmente escribir e para /je/ e mais para /jo/. Ningún dos varios intentos no século XX de obrigar ao uso do ё se ten asentado, e hoxe en día admítese que a entrada do ordenador o debilitou.
Letras eliminadas en 1918
8. O і, idéntico na pronuncia ao и, usábase só diante doutras vogais (por exemplo Нью-Іоркъ /n'ju jork/ "Nova York" e na palabra міръ /mir/ "mundo" e os seus derivados, para distinguilo do etimoloxicamente equivalente миръ /mir/ "paz".
9. O ѳ, do grego theta (zeta), coma no grego bizantino, tiña unha pronuncia igual ao ф, pero usábase etimoloxicamente.
10. O Ѣ ou Yat tiña orixinariamente un son distinto, mais na metade do século XVIII acadou a mesma pronuncia có е na linguaxe estándar. Desde a reforma da ortografía rusa coa súa eliminación no 1918, ficou como símbolo da ortografía antiga.
11. V (o grego ypsilon) era igual na pronuncia ao и, coma no grego bizantino, mais usábase etimoloxicamente, aínda que ficou moi esporádico desde o 1918.
Letras en desuso antes do 1750
12. Ѯ e Ѱ son as letras gregas xi e psi, usadas etimoloxicamente, mais desde o século XVIII só se usa sempre na liturxia ortodoxa.
13. Ѡ é a letra grega omega, idéntica na pronuncia a о, usada na escritura secular só até o século XVIII, mais consérvase na Igrexa eslavónica, maiormente para distinguir a forma inflexional.
14. S correspondía á primitiva pronuncia /dz/, xa ausente no eslavo oriental a comezos do período histórico, mais foi mantido pola tradición en certas palabras até o século XVIII e pola Igrexa eslava até a actualidade.
15. O yuses ficou, de acordo coa reconstrución lingüística, irrelevante para a fonoloxía eslava oriental a comezos do período histórico, mais introduciuse xunto co resto do alfabeto cirílico. Ѭ e Ѩ decaeron maiormente no século XII. Ѫ continuou a usarse, etimoloxicamente, até o século XVI. A partir de aí restrinxiuse a letra dominical nas táboas de Pascua. O uso no século XVII do Ѫ e do Ѧ sobrevive na Igrexa eslava.
16. Ѧ adoptouse para representar o son iotado /ja/ я no medio ou fin de palabra; a letra moderna я é unha adaptación da súa forma cursiva do século XVII, sancionada pola reforma da ortografía rusa no 1708.
17. Ata o 1708, o /ja/ iotado escribíase ıa a comezo de palabra. Esta diferenciación Ѧ e ıa pervive na Igrexa eslava.
18. Aínda que normalmente se afirma que estas letras caeron en desuso no século XVIII, realmente foi algo máis complexo. Foron desde logo omitidas do alfabeto de mostra, imprimido nun estilo occidental con fonte serif, presentado no edicto de Pedro o Grande, xuntamente coa letra moderna и, mais foi restaurado pola presión da Igrexa ortodoxa. Con todo, caeu completamente en desuso na escrita secular contra o 1750.
Valores numéricos
19. Os valores numéricos corresponden aos números gregos, co S que se usa para o digamma, Ч para o koppa, e Ц para o sampi. O sistema abandonouse para propósitos seculares en 1708, despois dun período transitorio dun século aproximadamente, e continúa usándose pola Igrexa eslava.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas