O alemánico é unha lingua, moi dialectalizada, que fai parte do grupo do alemán superior, e que se fala no sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia. A poboación que o usa a diario calcúlase nuns 10 millóns. Pertence, xunto ao bávaro e ao suabo, á rama denominada alemán superior da familia das linguas xermánicas. Comprende as seguintes variedades, que poden chegar a ser intelixibles entre elas:
Alto alemánico de Berna, o bernés, nomenativo Bärndütsch, fálase en Berna e na parte norte do cantón, non confundilo co alemánico superior de Berna que é unha variante da fala bernesa usada no sur do cantón.
Alemánico superior, no cantón de Valais (en alemán Wallis) e a súa diáspora alpina, ao sur do cantón de Berna e na parte alemá de Friburgo (Suíza) por exemplo:
Cando se fala dos dialectos alemánicos de Suíza adóitase empregar a denominación de suízo alemán ou Schweizerdeutsch.
Os alamáns eran as tribos xermanas das cales evolucionou o seu dialecto ao actual alemánico, do nome destas tribos collemos o nome para nomear a Alemaña e aos alemáns en galego e castelán entre outros. Os suevos que invadiron a Gallaecia hispanorromana son descendentes destas xentes. Véxase sobre todo que na parte norte fálase o suabo (no mapa a zona vermella arriba de todo).