Adolfo Iglesias Alvarado, nado na Peroxa, foi un comerciante e político galego.
No franquismo foi nomeado alcalde da Peroxa. Foi detido en xullo de 1947 xunto co xastre Aurelio Fernández Rey por irregularidades en materia de abastecementos co sulfato.[1] O xefe da operación, Julio González Varela, quedou impune. En 1951 foi condenado pola Audiencia de Ourense a seis meses de desteroo e 1.000 pesetas de multa por inxurias contra as fillas de Plácido Mazaira González.[2]