Acordo Sykes-Picot

Acordo Sykes–Picot

Creación23 de maio de 1916
AutoresReino Unido Mark Sykes
Francia François Georges-Picot
SignatariosReino Unido Edward Grey
Francia Paul Cambon
FunciónDefinir a proposta esfera de influencia e control no Medio Oriente se acaso a Tripla Entente vencera ao Imperio Otomán

O Acordo Sykes-Picot, coñecido oficialmente como o Acordo de Asia Menor, foi un acordo segredo entre Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e a Terceira República Francesa[1] para definir as propostas esferas de influencia e control dos dos países no Próximo Oriente se acaso a Tripla Entente obtivera a vitoria en contra do Imperio Otomán na primeira guerra mundial. As negociacións desenvolvéronse entre novembro de 1915 e marzo de 1916,[2] asinouse o acordo o 16 de maio de 1916,[3] e foi exposto ao público por Izvestia e Pravda o 23 de novembro de 1917 e polo The Manchester Guardian o 26 de novembro de 1917.[4][5]

Considérase que o acordo deulle a forma actual á rexión. Definíronse as fronteiras de Iraq e Siria, e levou ata o conflito actual entre Israel e o pobo palestino.[6] Moitas persoas ven o acordo como un punto de inflexión nas relacións entre o mundo do Occidente e o mundo árabe. Negáronse as promesas feitas aos árabes[7] polo coronel T. E. Lawrence dunha patria nacional e árabe na área de Gran Siria, a cambio de aliarse cos británicos en contra do Imperio Otomán. A arquitectura xeopolítica fundada por Sykes-Picot favoreceu circunstancias que deron a lugar situacións como a protección que desfrutaron as minorías relixiosas e étnicas no Medio Oriente, as cales son motivos de conflitos na actualidade.[8] O Estado Islámico afirmou que unha das metas da súa insurxencia, era reverter os efectos de Sykes-Picot.[9][10][11]

Partición

O acordo repartía aos británicos o control das áreas desde a liña da costa do mar Mediterráneo ata o río Xordán, Xordania, o sur de Iraq e unha pequena área que incluíu os portos de Haifa e Acre para deixar acceso ao Mediterráneo.[12] Aos franceses correspondeulle o control do sueste de Turquía, o norte de Iraq, Siria e o Líbano.[12] O Imperio ruso ía a recibir Istambul, os Estreitos Turcos e Armenia.[12] Deixouse liberdade ás potencias para decidir as fronteiras dentro das súas propias áreas.[12] Se esperaron máis negociacións con outros poderes incluíndo a Rusia e Hussein ibn Ali, o xerife da Meca para determinar a administración internacional.[12]

Dada a derrota eventual de 1918 e a subseguinte partición do Imperio Otomán, o acordo efectivamente dividiu as provincias árabes dos otománs fora da Península arábiga en áreas de influencia e control dos británicos e franceses[13] e se propuxo unha «administración internacional» para Palestina.[14] Os británicos formaron o Mandato británico de Palestina entre 1920 e 1948 e o Mandato británico de Iraq desde 1920 ata 1932, mentres que o Mandato francés de Siria e Líbano durou desde 1923 ata 1946. Os diplomáticos británicos e franceses Mark Sykes e François Georges-Picot negociaron os termos do acordo. O goberno do tsar de Rusia foi unha parte menor no acordo e despois da Revolución de Outubro, foron os bolxeviques quen publicaron o acordo, resultando que «os británicos avergoñáronse, os árabes consternáronse e os turcos aledáronse».[15]

Notas

  1. Fromkin 1989, p. 286,288.
  2. Sicker 2001.
  3. "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2009.  p. 8.
  4. "The Mandate for Syria and the Lebanon Timeline 1918 - 1946". dailykos.com (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2018. 
  5. Gerolymatos 2010.
  6. "Middle East still rocking from first world war pacts made 100 years ago". The Guardian. 30 de decembro de 2015. 
  7. A película de James Hawes "Lawrence of Arabia: The Battle for the Arab World" publicada por PBS Home Video o 21 de outubro 2003 Entrevista con Kamal Abu Jaber, anterior Ministro de relaciones exteriores de Xordania.
  8. "Bientôt le souvenir de l’église catholique chaldéenne et des églises syriaques (orthodoxes & catholiques) sera plus qu’un souffle de vent chaud dans le désert (In French)". paysages in LeMonde.fr. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014. 
  9. "This is not the first border we will break, we will break other borders," a jihadist from ...". www.theguardian.com. The Guardian. Consultado o 30 de maio de 2014. 
  10. "Watch this English-speaking ISIS fighter explain how a 98-year-old colonial map created today’s conflict". LA Daily News. 7 de febreiro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2014. 
  11. Phillips, David L. "Extremists in Iraq need a history lesson" (CNBC). 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Text of the Sykes–Picot Agreement at the WWI Document Archive
  13. Peter Mansfield, British Empire magazine, Time-Life Books, no 75, p. 2078
  14. Eugene Rogan, The Fall of the Ottomans, p.286
  15. Peter Mansfield, The British Empire magazine, no. 75, Time-Life Books, 1973

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!