A Academia das Ciências de Lisboa é o nome da academia de ciencias de Portugal[1] e o órgano regulador da lingua portuguesa en coordinación coa Academia Brasileira das Letras.[2]
A Academia foi fundada durante o reinado de María I de Portugal o 24 de decembro de 1779, en plena Ilustración, como Academia Real das Sciencias de Lisboa [3] co lema en latín nisi profit est quod facimus stulta est gloria (salvo se é de proveito, o que facemos é gloria estulta).
En 1910, coa proclamación da República Portuguesa, tomou o seu nome actual de Academia das Ciências de Lisboa.[4][5]
O 28 de maio de 1930 foi concedida á Academia a Gran Cruz da Orde Militar de Sant'iago da Espada. [6]
Ao longo da súa historia, a Academia tivo a sede en seis lugares.
Desde 1833 atópase no antigo Convento de Xesús da Orde Terceira Franciscana, na parte baixa do Bairro Alto de Lisboa.[7]
A Academia réxese polo estatuto aprobado co Decreto-Lei n.º 5 do 12 de xaneiro de 1978 e posteriores modificacións.
No momento da súa fundación, a Academia estaba dividida en tres clases: Ciencias Naturais, Ciencias Exactas, Letras Belas.
En 1851, as dúas primeiras clases fusionáronse na categoría de Ciencias, mentres que a última cambiou o seu nome pola clase de Letras.
A clase de Ciencias consta de sete seccións:
A clase de Letras componse de sete apartados:
Cada sección ten cinco membros activos e dez membros correspondentes. Tamén hai membros correspondentes brasileiros, membros correspondentes estranxeiros, membros de honra e membros eméritos.[8]
A Academia de Ciencias de Lisboa tamén comprende dous institutos:[9]
O Instituto de Altos Estudos, aberto a expertos e científicos non pertencentes á Academia, promove estudos avanzados en ciencias e humanidades.[10]
O Instituto de Lexicoloxía e Lexicografía da Lingua Portuguesa, presidido por Anselmo Artur, ocúpase da conservación e divulgación da lingua portuguesa; nel participan tamén estudosos alleos á Academia. Entre outras cousas, o Instituto elaborou o Dicionário da Língua Portuguesa Contemporânea.[11]