A Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) é unha institución científica e cultural galega[1] constituída como órgano da Fundação Academia Galega da Língua Portuguesa coa misión de «promover o estudo da lingua da Galiza[2] para que o proceso da súa normalización e naturalización sexa congruente cos usos que vigoran no conxunto da lusofonía».[3]
A idea de crear unha Academia destas características xa fora enunciada no seu día polo catedrático Ricardo Carvalho Calero, e posteriormente defendida polo profesor José Martinho Montero Santalha nun artigo publicado en 1994 na revista Temas do Ensino[4] e, máis recentemente, nunha intervención en Braganza (Portugal, en outubro de 2006 (no marco do V Coloquio Anual da Lusofonía).[5]
Para facer efectiva a proposta, o 1 de decembro de 2007 creouse a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa en Santiago de Compostela[6]. Finalmente, o 20 de setembro de 2008 creouse formalmente a AGLP [7].
En 2011 o seu presidente era o profesor José-Martinho Montero Santalha, catedrático da Universidade de Vigo.