Regresou á Españafranquista e foi encarcerado dúas veces. Logo volveu a Francia, e non regresou a España ata 1977 establecéndose definitivamente no barrio de Gràcia en Barcelona.
Colaborador na prensa libertaria, conferenciante en múltiples actos, tamén destaca como un prestixioso escritor, converténdose no biógrafo principal de Buenaventura Durruti. A súa biografía sobre Durruti foi traducida a catorce idiomas.
El mesmo defínese como anarquista e o seu significado na entrevista concedida en 1997 a "Espai de Llibertat" con estas palabras:[1]
Son anarquista e ser anarquista é ser unha persoa coherente (paz espiritual, a tranquilidade, o campo, traballar o menos posible, o suficiente para poder vivir, gozar da beleza, do sol. Gozar da vida con maiúsculas, agora se vive en minúsculas). Ter unha conduta persoal. Levar as ideas á práctica ó máximo, sen esperar que haxa unha revolución. Iso pódese facer agora. É unha concepción filosófica, é un estado de espírito, unha actitude ante a vida. Penso que esta sociedade está moi mal organizada, tanto socialmente, como politicamente, como economicamente. Hai que cambialo todo. O anarquismo invoca unha vida completamente diferente. Trata de vivir esta utopía un pouco cada día.
Abel Paz, 1997
Obra
Durruti: el proletariado en armas (traducida a catorce idiomas).
Crónica de la Columna de Ferro.
Paradigma de una revolución.
Al pie del muro (Memorias 1942-1954).
Los internacionales en la Región española.
Entre la niebla (Memorias 1939-1942).
Chumberas y alacranes (Memorias 1921-1936).
Viaje al pasado (Memorias 1936-1939).
La cuestión de Marruecos y la República española.
CNT 1939-1951. El anarquismo contra el Estado franquista.