Abdicación

Abdicación de Napoleón o 4-04-1814.

Abdicación é o feito de renunciar un cargo ou poder.[1][2]

Aplícase fundamentalmente para referirse ao acto segundo o cal unha persoa renuncia e cede por si mesma o seu cargo antes de que expire o tempo para o cal se tomou o mesmo, especialmente ao dun monarca que renuncia ás súas funcións.

No dereito romano o termo aplicábase especialmente para desposuír e algo a un membro dunha familia, como deshredar a un fillo, pero en tempos máis recentes a palabra úsase raramente excepto no sentido de renunciar ao poder supremo dun Estado.

Un termo similar para unha persoa electa, ou un funcionario, é o de renuncia (ao cargo) que, con todo, ás veces úsase como sinónimo de abdicación (por exemplo, no caso dos papas).

Etimoloxía

O termo abdicación deriva do latín abdicātio, -ōnis, "renuncia", "acción de rexeitar", e tamén "desherdamento", que, á súa vez, deriva de abdicare, "rexeitar", "non recoñecer", "desherdar", e tamén "renuncia". O verbo abdicare, pola súa parte, deriva da preposición insaeparábel ab, que indica "afastamento", "privación", e o verbo dicare, "declaración" (especialmente nun xuízo ou unha causa).

Na antigüidade clásica occidental

Entre as máis notábeis abdicacions da Antigüidade están as do ditador Sila no ano 79 a.C., a do emperador Diocleciano en 305 e a do emperador Rómulo Augústulo en 476.

Abdicacións modernas

Nalgunhas culturas, a abdicación do monarca foi vista como un profundo e impactante abandoo do deber real. Como resultado, as abdicaciones modernas xeralmente só se produciron en circunstancias extremas de axitación política ou de violencia, ou no caso de enfermidade grave ou incapacidadre do monarca (caso da abdicación de Filipe V no seu fillo Lois I.

No Reino Unido e nos reinos da Commonwealth de Nacións aínda hoxe vese a abdicación como un feito particularmente grave, debido á crise comsecuencia da abdicación de Eduardo VIII.

Nas últimas décadas, os monarcas dos Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Camboxa e España abdicaron como resultado da idade avanzada (entre outros motivos). Nos Países Baixos, os tres últimos monarcas Guillermina, Xiana e Beatriz, abdicaron; nos tres casos, para ceder o trono ao herdeiro antes de tempo.

En España

O 2 de xuño de 2014 o rei Xoán Carlos I de España manifestou a súa disposición a renunciar no seu fillo Filipe. A abdicación fíxose efectiva o 19 de xuño, momento en que se publicou a lei Orgánica 3/2014, de 18 de xuño, que regula a abdicación no Boletín Oficial del Estado,[3] aprobada polas Cortes Xerais conforme ao disposto na Constitución española.[4]

Trátase da sétima abdicación dun rei de España[5] —cuarta de considerarse monarcas que estaban no trono e o fixeron de forma voluntaria—.[6] A lei Orgánica aprobada polas Cortes foi sancionada polo rei Xoán Carlos I e refrendada polo presidente do Goberno Mariano Rajoy Brey. O acto da sinatura da norma produciuse o 18 de xuño ás 18:00 horas no Salón de Columnas do Palacio Real de Madrid, e a publicación tivo lugar o día 19 ás 00:00 horas, momento en que se fixo efectiva a abdicación e o príncipe de Asturias pasou a ser o novo rei Filipe VI.[7]

Lista de abdicacións

Abdicación do emperador Pedro I do Brasil o 7 de abril de 1831[8].
Documento de abdicación de Eduardo VIII do Reino Unido.
Tarquinio o Soberbio -510[9]
Sila -79
Diocleciano 305
Ponciano, papa 28 de setembro, 235
Rómulo Augústulo 476[10]
Xoán XVIII, papa 28 de setembro, 1009
Bieito IX, papa 1045
Isaac I Comneno, de Bizancio 1131
Henrique IV, do Sacro Imperio 1105
Estevo II de Hungría 1131
Alberte I de Brandeburgo 1169
Ladislau III de Polonia 1206
Celestino V, papa 13 de decembro, 1294
Ricardo II de Inglaterra 29 de setembro, 1399
Amadeu VIII de Savoia 1440
Carlos V, so Sacro Imperio 1555/1556[11]
Cristina de Suecia 6 de xuño, 1654
María I de Escocia 24 de xullo, 1567
Xacobe II de Inglaterra 1688
Filipe V de España 1724
Carlos IV de España 19 de marzo, 1808
Napoleón I de Francia 4 de abril, 1814 e 22 de xuño, 1815
Pedro IV de Portugal 28 de maio, 1826
Carlos X de Francia 2 de agosto, 1830
Pedro I do Brasil 7 de abril, 1831
Miguel de Portugal 26 de maio, 1834
Amadeu I de España 11 de febreiro, 1873
Eduardo VIII do Reino Unido 20 de xaneiro, 1936
Bieito XVI, papa 28 de febreiro, 2013
Beatriz dos Países Baixos 30 de abril, 2013
Alberte II de Bélxica 3 de xullo, 2013
Xoán Carlos I de España 19 de xuño, 2014

Notas

  1. abdicación Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  2. abdicar Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 1ª acepción, no dicionario da RAG.
  3. "Ley Orgánica 3/2014, de 18 de junio, por la que se hace efectiva la abdicación de Su Majestad el Rey Don Juan Carlos I de Borbón". Axencia Estatal Boletín Oficial del Estado. 19 de xuño de 2014. 
  4. Axencia EFE; Hernández, Marisol (3 de xuño de 2014). "El Gobierno proclama que la experiencia del Príncipe le permitirá fortalecer la Monarquía". El Mundo. 
  5. Axencia EFE (2 de xuño de 2014). "La renuncia del Rey Juan Carlos, séptima abdicación en España". El Mundo. 
  6. Axencia EFE (2 de xuño de 2014). ""Abdicar, un verbo infrecuente en España"". El País. 
  7. "Así será la proclamación de Felipe VI". El País. 12 de xuño de 2014. 
  8. Pedro IV de Portugal e Pedro I de Brasil eran a mesma persoa. Xa era emperador de Brasil cando sucedeu no rono de Portugal, en 1826 pero, á vez abdicouno en favor da súa filla María II de Portugal. Más tarde abdicou o trono de Brasil en favor do seu fillo Pedro II
  9. Abolición da Monarquía romana.
  10. Disolución do Imperio Romano de Occidente.
  11. Carlos V abdicou como Señor dos Países Baixos españois o 25 de outubro de 1555, e como rei de España o 16 de xaneiro de 1556, a favor do seu fillo Filipe II de España. Tamén en 1556, por separado, abdicou das súas posesións austríacas e do título de emperador romano en favor do seu irmán Fernando I.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!