A revolta dos animais

A revolta dos animais. Unha historia fantástica
Título orixinalAnimal Farm
Autor/aGeorge Orwell
OrixeInglaterra
Linguainglés
Tema(s)Totalitarismo
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Positivas (1992)
Kalandraka (2010)
Data de pub.1945
ISBN978-84-87783-13-9
Premios
TraduciónAntón López Dobao
Na rede
BNE: XX2115710
editar datos en Wikidata ]

A revolta dos animais. Unha historia fantástica é unha novela satírica de George Orwell publicada en 1945 co título orixinal en inglés de Animal Farm. Foi traducida ó galego en 1992 por Antón López Dobao, e en 2010 por Fernando Moreiras co título A granxa dos animais.

Circunstancias e temática

Na granxa do señor Jones, os animais non están contentos co seu tipo de vida e planean unha rebelión encabezada polos porcos. Unha noite os animais levántanse en armas e expulsan ós humanos creando un sistema de autogoberno, pero que acaba converténdose nunha tiranía brutal.

A novela foi escrita durante a Segunda guerra mundial e, aínda que foi publicada en 1945, non comezou a ser recoñecida ata finais da década de 1950. Constitúe unha crítica velada da Revolución Rusa e unha sátira sobre a corrupción do socialismo soviético nos tempos de Stalin.

Ademais, a obra constitúe unha análise sinxela á vez que formidable da corrupción que crea o poder en calquera nivel. Así, a obra posúe un dobre nivel de profundidade, o que fai posible que a mensaxe transcenda o caso particular do réxime soviético, e sexa captado incluso por nenos que nin sequera coñecen a historia da Unión Soviética. Isto conseguiu que o libro sexa utilizado como ferramenta educativa mesmo nos primeiros anos da escolaridade.

Personaxes

Porcos:

  • Comandante: é un sabio que quería que os animais viviran dignamente. A rebelión dos animais baséase nas súas ideas, e déixaas á luz antes de morrer.
  • Napoleón: é ambicioso e quere ser o líder dos animais, aínda que os enganaba facéndoos pensar o contrario.
  • Folerpa: é tamén ambicioso pero Napoleón encárgase del, e tamén engana aos demais facendo pensar que é un traidor.

Cabalos e o burro

  • Varudo: cabalo que traballa moito e pensa pouco.
  • Trevo: o outro cabalo da granxa.
  • Mollie: é unha egua caprichosa á que só lle importan as súas fitas e o azucre.
  • Benxamín: Burro escéptico, amigo de Varudo.

Outros personaxes

  • O granxeiro Jones: Dono da granxa Manor.
  • Os cans: son malos e convértense nos "soldados" de Napoleón.
  • Moisés o corvo: o preferido de Jones.
  • As pombas: son importantes, xa que levan noticias as outras granxas, e novas ideas. Son un bo promotor.

Argumento

Os animais da granxa Manor, alentados no seu día polo vello porco Comandante, que antes de morrer explicou a tódolos animais a súa visión, levan a cabo unha revolución na que conseguen expulsar ó señor Jones e crear as súas propias regras, que escriben nunha parede. Ó longo da novela efectúanse certos cambios nos Sete Mandamentos, que "xustifican" as medidas que toma Napoleón. Velaquí se ben as normas orixinais e os cambios introducidos:

  1. Todo o que camiñe sobre dúas pernas é un inimigo. "Catro patas bo, dúas pernas malo."
  2. Todo o que camiñe sobre catro patas ou teña ás é amigo. "Catro patas bo, dúas pernas malo."
  3. Os animais non deben usar roupa.
  4. Ningún animal debe durmir nunha cama con sabas.
  5. Ningún animal beberá alcol en exceso.
  6. Ningún animal matará a outro animal sen causa.
  7. Tódolos animais son iguais (pero algúns animais son máis iguais ca outros).

Ó principio a granxa é máis próspera que cando o señor Jones a administraba, pero co paso do tempo, os porcos, que se autoerixiran como líderes por ser máis intelixentes, empezan a abusar do seu poder e manipulan os mandamentos ó seu favor. Dous destes porcos, Folerpa e Napoleón, móstranse como líderes, pero empezan a mostrar diferenzas que acaban cando Napoleón lanza ós cans contra Folerpa, que escapa da granxa. A partir dese momento Napoleón se erixe como único líder, mantendo a tódolos animais baixo a súa ditadura mediante a ameaza dos cans, e pouco a pouco os porcos acaban adoptando tódolos defectos do home polos que no seu día iniciaron a revolución, ata que o único mandamento que queda escrito é:

Tódolos animais son iguais, pero algúns son máis iguais ca outros.

Significado

Bandeira do pezuño e o corno.

Orwell satiriza o réxime soviético de Stalin representado a través dos animais da granxa. Así, moitos dos personaxes da obra teñen a súa correspondencia en personaxes históricos:

  • Comandante representaría a Lenin por ser o ideólogo da revolución, pero polo carácter tranquilo e pola idea orixinal que este personaxe posúe, podería corresponder a Karl Marx, tendo en conta ademais que a revolución se produce despois da morte de Mayor.
  • O señor Jones sería Nicolao II de Rusia.
  • Napoleón, coas súas medidas para administrar a granxa (apropiadas de Folerpa) que servirán para levar a esta á prosperidade, aínda que esta só mellorará a súa propia situación e a dos demais porcos; e a súa política de restrición de liberdades, representa a Stalin.
  • Folerpa sería Trotski, líder militar que posteriormente se ve obrigado a exiliarse da granxa. Unha vez establecido o poder de Napoleón, todo animal considerado perigoso sería executado baixo a acusación de ser seguidor de Folerpa.
  • Varudo, o cabalo, sempre convencido de traballar máis, e traizoado a pesar de todo, representaría ó proletariado ou ao mineiro Alekséi Stajánov.
  • As ovellas, analfabetas e acríticas co réxime, personifican o campesiñado.
  • O corvo Moisés representa á Igrexa Ortodoxa, fala do ceo dos animais e recibe trato de favor dos humanos, xa que cumpre unha labor de aborregamento.
  • O burro Benxamín representa á clase intelectual, que é consciente das manipulacións pero non toma partido, limitándose a observar sen intervir.
  • Os cans representan á policía secreta e a súa brutalidade.
  • O porco Mínimo, o poeta, representa a Vladimir Maiakovski.
  • A bandeira do pezuño e o corno é análoga á bandeira soviética da fouce e o martelo.

Tamén mostra dun modo moi cru a relación entre animais e seres humanos, dándolle ós primeiros unha personalidade, e poñéndoos ó mesmo nivel intelectual e racional có home, para lograr representar a brutalidade sufrida por eles.

Adaptacións

O título orixinal en inglés é Animal Farm, pero a obra foi traducida de modo non literal en moitas linguas. Axustáronse ó orixinal a edición alemá (Farm der Tiere), francesa (La ferme des animaux), neerlandesa (Dierenboerderij), italiana (La fattoria degli animali) e sueca (Djurfarmen). En danés (Kammerat Napoleon) e noruegués (Kamerat Napoleon) centráronse no personaxe de Napoleón ("O camarada Napoleón").

En castelán é Rebelión en la granja ou granja de los animales. En finés Eläinten vallankumous ("rebelión dos animais"). En portugués traduciuse como O Triunfo dos Porcos en Portugal e como A Revolução dos Bichos no Brasil. En éuscaro, é Abereen Etxaldea. En catalán, La revolta dels animals e La rebel·lió dels animals.

Foi levada ó cine como Animal Farm por Joy Batchelor e John Halas. É fiel ó relato orixinal do libro, pero muda o final, xa que a película termina nunha rebelión en contra dos porcos e principalmente en contra de Napoleón executada por parte do resto dos animais comandados polo burro Benjamin.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Orwell, George: A revolta dos animais. Unha historia fantástica (Edicións Positivas, 1992)
  • Orwell, George: Animal Farm (Harmondsworth: Penguin Books, 1951/1978 39ª impresión)

Ligazóns externas

Read other articles:

Robert Sedraki Kocharian Armenia: Ռոբերտ Սեդրակի ՔոչարյանBerkas:Robert Kocharyan 2018.jpgPresiden Republik Armenia ke-2Masa jabatan4 Februari 1998 – 9 April 2008PendahuluLevon Ter-PetrossianPenggantiSerzh Sargsyan Informasi pribadiLahir31 Agustus 1954 (umur 69)Stepanakert, Nagorno-Karabakh Autonomous Oblast, Uni SovietKebangsaanArmeniaSuami/istriBella KocharianSunting kotak info • L • B Robert Kocharyan (2003) Robert Sedraki Kocharian (IPA:&#...

 

Cet article présente une chronologie sélective du haut Moyen Âge[1]. Cette chronologie fait suite à la chronologie de l'Empire romain d'Occident. La période charnière des grandes invasions y est présentée dans la frise chronologique. Mausolée de Théodoric le Grand. Édifié à Ravenne, il constitue le seul exemple parvenu jusqu'à nous de l'architecture des Ostrogoths. Délimitation Quoique les évènements jusqu'à 476 peuvent être rattachés à l'empire romain d'Occident, les his...

 

Begonia nelumbiifolia Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Plantae (tanpa takson): Angiospermae (tanpa takson): Eudicots Ordo: Cucurbitales Famili: Begoniaceae Genus: Begonia Spesies: Begonia nelumbiifolia Nama binomial Begonia nelumbiifoliaCham. & Schltdl. Begonia nelumbiifolia adalah spesies tumbuhan yang tergolong ke dalam famili Begoniaceae. Spesies ini juga merupakan bagian dari ordo Cucurbitales. Spesies Begonia nelumbiifolia sendiri merupakan bagian dari genus Begonia.[1] Nama ilmi...

عبد الرحمن بن عبد الله بن عتبة معلومات شخصية اسم الولادة عبد الرحمن بن عبد الله بن عتبة بن عبد الله بن مسعود تاريخ الميلاد 80هـ تاريخ الوفاة 160هـ (80 سنة) الإقامة الكوفة  اللقب المسعودي الأب عبد الله بن عتبة بن عبد الله بن مسعود إخوة وأخوات أبو العميس  الحياة العملية النسب ا

 

سجلات الأفلام الوطنيةالشعارمعلومات عامةالجنسية الولايات المتحدة التأسيس 1988[1] النوع educational canon (en) موقع الويب loc.gov… (الإنجليزية) المنظومة الاقتصاديةالشركة الأم مكتبة الكونغرس أهم الشخصياتالمؤسس الكونغرس الأمريكي[2][3] تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات الس...

 

Species of shrub in the family Proteaceae endemic to Western Australia Hakea pritzelii Scientific classification Kingdom: Plantae Clade: Tracheophytes Clade: Angiosperms Clade: Eudicots Order: Proteales Family: Proteaceae Genus: Hakea Species: H. pritzelii Binomial name Hakea pritzeliiDiels[1] Habit in a nature reserve south of Tarin Rock Fruit Hakea pritzelii is a flowering shrub in the family Proteaceae and is endemic to a few small areas in the Great Southern region of Western...

Exarcado apostólico sirio de Venezuela Exarchatus Apostolicus pro fidelibus ritus Antiocheni Syrorum in Venetiola (en latín) Información generalIglesia católicaIglesia sui iuris siriaRito antioquenoSufragánea de inmediatamente sujeto a la Santa SedeFecha de erección 22 de junio de 2001 (como exarcado apostólico)Bula de erección Ecclesiales communitatesSedeCatedral de Nuestra Señora de la AsunciónCiudad sede MaracayDivisión administrativa estado AraguaPaís Venezuela VenezuelaCuria ...

 

سايلو ملك أستورياس معلومات شخصية الميلاد القرن 8برافيا  الوفاة 783برافيا, أستورياس مواطنة مملكة أستورياس  الديانة كاثوليكي الزوجة أدوسيندا عائلة بنو ألفونس  [لغات أخرى]‏  منصب ملك أستورياس بداية 774 نهاية 783 سبقه أوريليوس خلفه ألفونسو الثاني (المنتخب) موريجاتو...

 

德魯·史邁利Drew Smyly2021年的史邁利芝加哥小熊 – 背号11投手出生: (1989-06-13) 1989年6月13日(34歲) 美國阿肯色州小岩城 打擊:左 投球:左 美國職棒大聯盟首秀2012年4月12日,代表底特律老虎美國職棒大聯盟成績 (2023年球季止)勝敗投數64–58防禦率4.22三振1063 球队 底特律老虎 (2012年–2014年) 坦帕灣光芒 (2014年–2016年) 德州遊騎兵 (2019年) 費城費城人 (2019年) 舊金山巨人 ...

Swedish fighter pilot in the Royal Air Force (1921–1944) Ingvar Fredrik HåkanssonHåkansson in RAF uniform in 1944Nickname(s)Hackie/HawkieBorn(1920-09-04)4 September 1920Birmingham, EnglandDied9 July 1944(1944-07-09) (aged 23)English Channel, off Dungeness, EnglandMemorialRunnymede MemorialAllegiancethe AlliesService/branchRoyal Air ForceRankFlight sergeantService number1575089UnitRoyal Air Force Volunteer Reserve 610 Sqdn Ingvar Fredrik Håkansson (4 September 1920 – 9 July 1944) w...

 

Subfamily of bees Nomiinae Dieunomia heteropoda Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Arthropoda Class: Insecta Order: Hymenoptera Family: Halictidae Subfamily: Nomiinae Nomiinae is a subfamily of sweat bees in the family Halictidae. There are about 11 genera and at least 550 described species in Nomiinae.[1][2] Nomia universitatis Genera These 11 genera belong to the subfamily Nomiinae: Dieunomia Cockerell, 1899 i c g b Halictonomia Pauly, 1980...

 

Southern Ontario subsidiary of the Loblaw CompaniesNot to be confused with Zayre. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Zehrs Markets – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2017) (Learn how and when to remove this template message) Zehrmart Inc.Trade nameZehrs MarketsTypeDivisionInd...

This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources: The Martelli Brothers – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2014) (Learn how and when to remove this template message) Martelli ...

 

Lists of Americans By US state By ethnicity or nationality Afghan African Americans African-American Jews Albanian Algerian Amish Angolan Antiguan and Barbudan Arab Argentine Armenian Asian Assyrian Australian Austrian Azerbaijani Bahamian Baloch Bangladeshi Barbadian Belarusian Belgian Belizean Beninese Berber Bermudian Bissau-Guinean Bolivian Bosnian Brazilian Bulgarian Burmese Cajun Californios Cambodian Cameroonian Canadian Canarian Cape Verdean Caribbean Garifuna Indo-Caribbean Central A...

 

2011 South Korean filmPainFilm posterKorean nameHangul통증Hanja痛症Revised RomanizationTong jeungMcCune–ReischauerT‘ong jŭng Directed byKwak Kyung-taekScreenplay byHan Soo-ryunStory byKang FullProduced byLee Ji-seungStarringKwon Sang-wooJung Ryeo-wonCinematographyHwang Ki-seokEdited byKim Sang-bumKim Jae-bumMusic byKim Jun-seongDistributed byLotte EntertainmentRelease date September 7, 2011 (2011-09-07) Running time104 minutesCountrySouth KoreaLanguageKoreanBox officeU...

Philippe Guillaume aka Philipp Wilhelm Graf[1] von Forbach, then Vicomte de Deux-Ponts and later Freiherr[2] von Zweibrücken[3] (1754–1807) was an officer of the French and later general[4] of the Bavarian Army. Early life and ancestry Wilhelm von Zweibrücken was the second of six children of Christian IV Herzog von Pfalz-Zweibrücken and Maria Johanna Camasse, Gräfin von Forbach (1734-1807). The children were unable to succeed to their father's Duchy due ...

 

Jasper St John Rootham (21 November 1910 – 28 May 1990), was a civil servant, soldier, central banker, merchant banker, writer and poet. Jasper Rootham Biography Jasper Rootham was born on 21 November 1910 in Cambridge, UK. Childhood and adolescence Rootham was an only child. His paternal grandfather was the singer, organist, and conductor Daniel Wilberforce Rootham (1837–1922). His father Cyril Rootham was a well-known musician and composer based at St John's College, Cambridge. His moth...

 

Louth Cemetery lodge house (1855) in 2023 Louth Cemetery on London Road (also known as London Road Cemetery) is the cemetery for Louth in Lincolnshire.[1] Opened in 1855, the cemetery's distinctive gate lodge and two cemetery chapels were designed by Lincoln architects Bellamy and Hardy. The gate lodge is a Grade II listed building on the register of Historic England.[2] History Louth Cemetery gate lodge in 1861 with the two cemetery chapels behind Louth Cemetery was establish...

Al Garcia redirects here. For the real-life American actor and director, see Al Ernest Garcia. Tourist Season First editionAuthorCarl HiaasenCover artistGeorge CorsilloCountryUnited StatesLanguageEnglishGenreCrime novelPublisherG. P. Putnam's SonsPublication date1986Media typePrint (hardback and paperback)Pages272ISBN0-399-13145-0OCLC12663997Dewey Decimal813/.54 19LC ClassPS3558.I217 T68 1986Followed byDouble Whammy  Tourist Season is a 1986 novel by Carl Hiaasen. It ...

 

Rumah Sakit Umum PusatPersahabatanKementerian Kesehatan Republik IndonesiaGeografiLokasiJalan Persahabatan Raya №1, Jakarta Timur, DKI Jakarta, IndonesiaOrganisasiAsuransi kesehatanBPJS KesehatanPendanaanDirektorat Jenderal Pelayanan KesehatanJenisRumah sakit publikAfiliasi dengan universitasFK UI, FK UPN Veteran Jakarta, Poltekkes Kemenkes Jakarta 3 Poltekkes Kemenkes Jakarta 3PelayananRanjang pasien600 tempat tidurSejarahDibuka7 November 1963; 60 tahun lalu (1963-11-07) Kementrian Ke...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!