2 de xuño
O 2 de xuño é o 153º día do ano do calendario gregoriano e o 154º nos anos bisestos. Quedan 212 días para finalizar o ano.
Acontecementos
Nacementos
- 1743 - Alessandro Cagliostro, viaxeiro, ocultista e masón (m. 1795).
- 1801 - Eduard Gaertner, pintor alemán (m. 1877)
- 1812 - Domingo Díaz de Robles, militar e escritor galego (m. 1867).
- 1833 - Segismundo Moret, político español (m. 1913).
- 1835 - Papa Pío X (m. 1914).
- 1843 - Adolfo Merelles Caula, avogado e político galego (m. 1911).
- 1846 - Victorino Abente Lago, escritor galego (m. 1935).
- 1857 - Karl Gjellerup, dramaturgo e novelista danés (m. 1919).
- 1857 - Edward Elgar, compositor británico (m. 1934).
- 1888 - Antonio Couceiro Freijomil, escritor galego (m. 1955).
- 1903 - Max Aub, escritor (m. 1972).
- 1904 - Johnny Weissmuller, nadador e actor intérprete de Tarzán (m. 1984).
- 1934 - Tarsy Carballas, científica galega
- 1941 - Suso Peña, artista galego (m. 2005).
- 1964 - Abel Losada, político galego.
Mortes
- 1874 - Agustín María Acevedo Rodríguez, ilustrado médico e escritor galego (n. 1806).
- 1882 - Giuseppe Garibaldi, revolucionario italiano, que loitou pola unificación de seu país (n. 1807).
- 1888 - Marcelino Sanz de Sautuola, arqueólogo español (n. 1831).
- 1905 - Benito María Hermida Verea, político galego (n. 1825).
- 1911 - Enrique Campo, pintor e debuxante pontevedrés (n. 1890).
- 1971 - José María Crespo Rodríguez, profesor e escritor galego (n. 1882).
- 1981 - Dimas Romero Vázquez, médico galego (n. 1918).
- 1995 - Amadeo Goyanes Vázquez, luthier e gaiteiro galego (n. 1915)
- 1996 - Pilar Lorengar, soprano española (n. 1928).
- 2004 - Enrique Alvarellos, músico, escritor e editor galego (n. 1931).
- 2008 - Bo Diddley, guitarrista e compositor de rhythm and blues, pioneiro do rock and roll (n. 1928)
Festas e celebracións
- Festa della Repubblica (Festa da República), na Italia
Outros
- Santoral: Santos Marcelino, Paulino, Pedro e Xermán.
Os 366 días do ano
|
|