1997: Rescate en Nova York (en inglés: Escape from New York) é un filme estadounidense coescrito e dirixido por John Carpenter estreado en 1981. O filme está ambientado nun 1997 futurista, no cal a illa de Manhattan converteuse na única prisión de máxima seguridade do país. Ex-soldado e agora prisioneiro federal Snake Plissken (Kurt Russell) ten 24 horas para atopar o Presidente dos Estados Unidos de América (Donald Pleasence), que foi capturado polos prisioneiros despois de estrelarse o Air Force One.
Carpenter escribiu o filme a mediados da década de 1970 como reacción ó escándalo Watergate. Despois do éxito de Halloween, tivo influencia suficiente para comezar a produción e contou cun orzamento de $6 millóns.[3][4] Debra Hill e Larry J. Franco foron os produtores do filme. Foi coescrito por Nick Castle, que xa colaborara con Carpenter en Halloween. 1997: Rescate en Nova York estreouse nos Estados Unidos o 10 de xullo de 1981. O filme recibiu críticas positivas e un éxito de recadación, conseguindo $25 millóns.[3] Foi nomeado a catro Premios Saturn e converteuse nun clásico de culto que tivo unha secuela 2013: Rescate en L.A. (1996).
Estreouse en galego o 5 de xullo de 1992 a través da TVG.[5]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas