2013: Rescate en L.A. (en inglés: Escape from L.A.) é un filme estadounidense coescrito e dirixido por John Carpenter e producido e coescrito por Kurt Russell, quen tamén é o protagonista, que se estreou en 1996. Estreouse en galego na TVG o 18 de setembro de 2011.[3]
Sinopse
Estamos no ano 2013 e Plissken Serpe volveu. Un xigantesco terremoto asolou a cidade dos Ánxeles e separouno do continente. Na "Nova América Moral", os cidadáns indesexables que non obedecen as leis (non fumar, non comer carne vermella, non ser musulmán...) son deportados alí, que agora é unha colonia penal. Pero a filla do Presidente roubou unha arma letal e fuxiu alí co seu amante, un perigoso revolucionario que pretende usala. Serpe Plissken será enviado para rescatar a arma e desfacerse da rapaza.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas