12 Golden Country Greats é o quinto álbum da banda estadounidense de rock alternativo Ween, editado o 16 de xullo de 1996 polo selo Elektra Records.
O traballo marca a primeira vez que Ween se limita a un xénero específico nun disco. Levando a unha ampla variedade de experimentados (e ás veces lendarios) músicos de Nashville (entre os que estaban Charlie McCoy Buddy Spicher, Bobby Ogdin e The Jordanaires), o álbum busca recrear o son da época dourada do country, ao mesmo tempo que combina isto co son do Ween máis clásico en temas como "Piss Up a Rope". Posteriormente Ween se reuniría con algúns destes músicos de sesión novamente nunha banda chamada The Shit Creek Boys.
Existen tres teorías sobre o título do álbum. A primeira afirma que fai referencia á ducia de veteranos músicos, coñecidos como The Shit Creek Boys, que tocaron no traballo. A segunda di que fala do feito de que a banda gravou doce cancións durante as sesións demo para o álbum; cando chegou a hora de gravar o disco, o grupo optou por non usar dous dos temas, pero decidiron non cambiar o título que xa tiñan pensado. As dúas cancións eliminadas titulábanse "I Got No Darkside" e "So Long, Jerry". Esta última era un tributo ao recentemente falecido músico Jerry Garcia, e acabou sendo a cara B do sinxelo "Piss Up a Rope". A terceira teoría sostén que o álbum sinxelamente foi bautizado así de forma irónica. O estilo do nome tamén pode ser unha homenaxe ao álbum de 1979 de Throbbing Gristle 20 Jazz Funk Greats, un disco con só 13 temas e pioneiro na música industrial.
Todos os temas compostos por Ween. Todas as voces principais por Gene Ween, agás onde se indique.