Óscar González (piloto)

Modelo:BiografíaÓscar González
Biografía
Nacemento(es) Óscar Mario González Editar o valor en Wikidata
10 de novembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Óscar Mario "Bocha" González, nado en Montevideo o 10 de novembro de 1923 e finado na mesma cidade o 5 de novembro de 2006[1], foi un piloto de carreiras uruguaio. González participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o Gran Premio da Arxentina de 1956 o 22 de xaneiro de 1956, terminando en sexto lugar nunha unidade compartida co seu compatriota Alberto Uria. Non anotou puntos para o campionato.

Traxectoria

Óscar Mário González, máis coñecido como "Bocha" ou "Bochita", era un apaixonado do automobilismo e un gran amigo dos pilotos arxentinos Juan Manuel Fangio e José Froilán González. Alén de vencer diversas probas na América do Sur, entre elas a 1ª Copa 19 Capitais, en 1968, tivo destacadas participacións no Torneo Triangular Sulamericano, disputado entre 1958 e 1961, con probas na Arxentina, no Brasil e no Uruguai. En 1956, compartiu con Alberto Uria o volante dun Maserati 250F inscrito no Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1, cualificaron no 13º posto e chegaron sextos, dez voltas atrás dos líderes. Posteriormente, tamén foi piloto oficial de Renault nas probas de turismo na Arxentina, xunto a Gastón Perkins, Carlos Guimarey e Juan Pedro García.

González faleceu en 5 de novembro de 2006 e, na súa homenaxe, a Asociación Uruguaia de Pilotos (Asociación Uruguaya de Volantes) nomeou o Gran Premio de Piriápolis daquel ano Gran Premio Óscar Mário González.

Resultado completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1956 Alberto Uria Maserati A6GCM/250F Maserati
6 en liña
ARX
6*
MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA NC 0
* Indica unidade compartida con Alberto Uria

Notas

  1. Falleció a los 82 años el "Bocha" González Arquivado 21 de setembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en Autonoticias (en castelán)

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!