A Área Metropolitana de Valencia atópase na costa central do País Valenciano, no contorno da súa cidade principal, Valencia.[1] Trátase da primeira aglomeración en número de habitantes da comunidade. Como en todo cálculo de áreas metropolitanas, os datos varían segundo as fontes.
Os datos de poboación desta área metropolitana varían dependendo das diferentes fontes consultadas. As cinco fontes consultas no caso de Valencia son o Proxecto ESPON (European Spatial Planning Observation Network), concretamente o seu "Estudio sobre as funcións urbanas", os datos da Eurostat Arban Audit (Auditoría Urbana), das Nacións Unidas, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) correspondente a "rexións metropolitanas", do sitio web citypopulation.de, correspondendo a aglomeracións urbanas e do Instituto Nacional de Estadística.
Segundo o proxecto AUDES5, a área metropolitana de Valencia, cunha poboación de 1.553.644 habitantes e unha superficie de 866,4 km²,[9] formaría unha conurbación con outras áreas urbanas próximas, dando un total de 1.671.189 habitantes e 1.162,4 km².[10]
Segundo a Entitat de Transport Metropolità de València (Entidade de Transporte Metropolitano de Valencia) a área metropolitana de Valencia está constituída por 59 concellos que se corresponden con tódolos da comarca da Horta de València, gran parte dos de Camp de Túria, tres da Ribera Alta, dous da Ribera Baixa e un do Camp de Morvedre, ocupando unha superficie de 1.465'7 km², cunha poboación de 1.738.690 habitantes (INE 2007), contando por tanto cunha densidade de poboación de 1.181 hab./km².
A Entitat Pública de Transport Metropolità de València distingue tres coroas,[11] en cada cal as tarifas son distintas.