Álvaro Muñiz Mora nado na Coruña o 17 de decembro de 1981, é un piloto de rally que compite no Campionato de Galicia de Rallys e no Campionato de España. Álvaro é neto e sobriño de pilotos. O seu tío José Mora foi campión galego en 1985 e 1986.[1]
Traxectoria
Comezou con sete anos participando no mundo do radio control, e logrou varios títulos en competicións rexionais, nacionais e internacionais.[1]
Con 17 anos iniciouse no motociclismo, e no seu primeiro ano logrou varios podios no campionato galego. Un ano despois decidiu saltar ao automobilismo e fixo o seu debut no Rally do Lacón de 2001 cun Fiat Punto. No 2002 participou na Copa Fiat Punto, o que lle permitiu afrontar o campionato de España nun Punto de Grupo A na tempada 2003. Nos anos seguintes disputou a Copa Citroën C2 e no 2006 fíxose co seu primeiro coche de tracción as catro rodas, un Mitsubishi Lancer Evolution VII.[1]
No 2007 fixo o debut no Campionato do Mundo ao participar no Rally de Cataluña, onde rematou 38º cun Mitsubitshi Evo IX.[2] No 2009 fichou polo Nupel Rally Team onde compite cun Mitsubishi Lancer Evo X no campionato de España para logo debutar cun Ford Fiesta R2. En 2010 correu cun Ford Fiesta S2000, e tras desfacerse o equipo fíxose cun Citroën C2 R2 Max.[1]
No 2011 pasou a formar parte do equipo de Sergio Vallejo, e correu o campionato de España cun Lotus Exige, co que conseguiu o seu primeiro podio nacional no Rally RACE Comunidad de Madrid.
Palmarés
- Campión de España de Terra Producción, 2008.
- Campión Galego de Karting, 2007 e 2008.
- Campión Galego de Resistencia Karting 2005.
Resultados Campionato de España
Resultados Campionato galego
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas