Outros líquidos exsudados polas plantas, tales como látex, ceras, resinas ou mucilaxe, moitas veces son incorrectamente denominados zume.
Características
O zume transportado polo xilema (denominado zume bruto) consiste principalmente de auga, elementos minerais, reguladores de crecemento e outras substancias que se achan en disolución. O transporte deste zume é basípeto, é dicir, dende as raíces da planta até as follas polos tubos leñosos. No século XX existiu unha gran controversia sobre o mecanismo de transporte do zume bruto na planta. Actualmente, considérase que toda a evidencia sustenta a teoría da cohesión-tensión.[4]
O zume tansportado polo floema (denominado zume elaborado) está composto principalmente por auga, azucres, fitorreguladores e minerais disoltos. O transporte do zume no xilema prodúcese desde as fontes (o lugar onde os carbohidratos se producen e almacenan) cara aos destinos (lugares da planta onde os carbohidratos se utilizan). A hipótese de fluxo de presión é o mecanismo xeralmente aceptado para explicar o transporte floemático.
↑A Real Academia Galega usa “zume” como denominación correcta para este concepto, e marca seiva como incorrecta. No Vocabulario Forestal (galego-español-inglés) (2012) do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, opta pola alternativa seiva ou saiba, xa que a proposta da RAG provoca ambigüidade (designa tamén o ‘líquido que deitan as froitas e outros vexetais’) e diverxe das formas empregadas nas principais linguas occidentais.