Zombieland é un filme estadounidense dirixido por Ruben Fleischer que se estreou no 2009. Está protagonizado por Jesse Eisenberg, Woody Harrelson, Emma Stone e Abigail Breslin, que interpretan ós superviventes dunha apocalipse zombi. Xuntos, comezan unha viaxe polo suroeste dos Estados Unidos para atopar un santuario libre de zombis.
Sinopse
Nun mundo inzado de zombis, Columbus (Jesse Eisenberg) é un rapaz que vive arrepiado. Pero grazas ó medo e a seguir unha estrita lista de normas puido sobrevivir. Un día coñece a Tallahassse (Woody Harrelson), un cazazombis cuxo único desexo na vida é conseguir o derradeiro Twinkie da terra. Cando ambos coñecen a Wichita (Emma Stone) e a Little Rock (Abigail Breslin), que tamén sobreviven ó caos como poden, terán que elixir entre confiar entre eles ou sucumbir ante os zombis.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2009: Sitges: Premio do público.
- 2009: Nomeado a Critics' Choice Awards: Mellor comedia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas