Zifio de True

Zifio de True
Mesoplodon mirus

Zifio de True mostrando
un resplandor pálido no melón

Comparación co tamaño dun humano medio
Comparación co tamaño dun humano medio

Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. mirus
Nome binomial
Mesoplodon mirus
True, 1913
Área de distribución de Mesoplodon mirus
Área de distribución de Mesoplodon mirus

Área de distribución de Mesoplodon mirus
Sinonimia
Véxase o texto
Esqueleto de Mesoplodon mirus, no Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte en Raleigh, Carolina do Norte.

O zifio de True,[2] tamén grafado cifio de True,[3] Mesoplodon mirus, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[4] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[5]

Recibe o seu nome vulgar na honra de Frederick William True, que foi quen decribiu a especie.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1913 polo biólogo estadounidense Frederick William True, o primeiro conservador principal de bioloxía (1897-1911) no Museo Nacional dos Estados Unidos, hoxe integrado no Instituto Smithsoniano,[6] na súa obra "Description of Mesoplodon mirum, a beaked whale recently discovered on the coast of North Carolina". Proceedings of the United States National Museum, 45: 651-657.[4]

O espécime tipo foi unha femia adulta que quedara varada na beira exterior de Bird Island shoal, Beaufort Harbour, Carolina do Norte, que examinou True en xullo de 1912.[4][7]

Sinónimos

A especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Mesoplodon mirus True, 1913 (protónimo)
  • Mesoplodon mirum9 True, 1913 (desinencia do nome específico impropia)

Características

As principais características de Mesoplodon mirus son:[3][8][9]

  • É un zifíido de tamaño medio, de corpo fusiforme moi alongado e compimido lateralmente.
  • Pode alcanzar un tamaño de até os 5,3 m. As femias pesan até 1 400 kg, e os machos, menores,até os 1 010 kg. Ao naceren miden ao redor de 2,2 m de lonxitude.
  • A cabeza é pequena, coa fronte globosa (melón), e remata nun bico de tamaño medio. O espiráculo pode presentar amosega, e hai unha prega detrás del.
  • O maxilar inferior excede ao superior. Os dous dentes distintivos dos machos son pequenos e están fixados no extremo do bico (con todo, rexistráronse dentes adicionais). Posúe un dente pequeno, inclinado cara a adiante, no extremo anterior da mandíbula.
  • Presenta, baixo a gorxa, dous sucos en forma de "V".
  • A aleta dorsal está situada no terzo posterior do corpo. É pequena e falcada (en forma de fouce) e coa punta arredondada e o bordo posterior cáncavo.
  • As aletas pectorais son pequenas e de forma lanceolada, e están situadas moi baixas, na zona ventrolateral; presentan alforxas tras as axilas, onde o animal pode repregalas cando se mergulla.
  • A coloracción é gris o gris apardazada na pate traseira, máis clara nas partes inferiores e notabelmente máis escura nos beizos, ao redor dos ollo e preto da aleta dorsal. Ma zona xenital hai unha superficie de tamaño varábel de manchas brancas, amareladas ou pardas.
  • Ás veces tamén hai unha zona escura entre a cabeza e a aleta dorsal. Unha femia no hemisferio sur era de cor negra azulada cunha zona branca entre a aleta dorsal e a caudal, así como unha mandíbula e unha gorxa de cor gris claro, con moutas negras. Un individuo das Illas Canarias tiña unha área branca desde o fociño ata o espiráculo.
  • Os machos teñen cicatrices de ataques de tiburóns.

Distribución e poboación

Vídeo submarino de zifios de True gravado fronte ás Azores.

O zifio de True parece ter unha distribución disxunta e subtropical.[10][11] No hemisferio norte só se coñecen no Atlántico norte, rexistrándose no leste de América do Norte (desde Nova Escocia até Florida), e as Bermudas, e en Europa, desde o Reino Unido (Escocia), o golfo de Biscaia, até as illas Canarias e os Azores. Tamén se encontra no sur do océano Índico, desde Suráfrica, Madagascar, o sur de Australia e a costa atlántica do Brasil.[11]

A especie xeralmente non se atopa a máis de 30° ao norte ou ao sur do ecuador, o que pode indicar que as subpoboacións norte e sur están illadas entre si, e que posibelmente sexan xeneticamente distintas, o que está apoiado por diferenzas morfolóxicas e de cor.[12][13] Non existen estimacións sobre a súa poboación.

Até os últimos anos, os zifios de True só se identificaban raramente no mar, e non hai estimacións da súa abundancia. Porén, non se cre que a especie sexa rara no Atlántico norte. Non hai información sobre as tendencias da abundancia global desta especie.[1]

Hábitat e bioloxía

Mesolodon mirus é probblelmente unha especie peláxica de augas profundas, como outros zifíidos.[14]

Como outros membros do xénero, nos animais varados encontráronse luras (principalmente Loligo spp.) no estómago. Tamén se encontraron peixes, polo menos ocasionalmente. A análise de isótopos estábeis descubriu que esta especie se alimenta a un nivel trófico similar a outras especies de Mesoplodon coas que é simpátrica, pero a un nivel trófico inferior ao do zifio de Cuvier e aos golfiños mulares do norte, o que suxire que se alimenta de presas máis pequenas que estas últimas especies.[15]

Non hai información sobre a reprodución e o comportamento desta especie.[3]

Probabelmente forme gupos reducidos, e 3 a 5 individuos.[3]

Ameazas

Case non hai información sobre as ameazas e o estado desta especie. Parece que nunca foi cazado. O seu enredamento nas artes de pesca, especialmente nas redes de enmalle nas augas profundas (por exemplo, as que e empregan pa ao atún), é probabelmente a ameaza máis significativa.[1]

Esta especie, como outros zifíidos é susceptíbel de ser vulnerábel aos sons antropoxénicos fortes, como os xerados polo sonar das mariñas e a exploración sísmica.[16]

Como especie de augas temperadas, o zifio de True pode ser vulnerábel aos efectos do cambio climático, xa que o quecemento do océano pode producir un cambio ou contracción do rango das especies xa que incide na temperatura das súas augas preferidas. Porén, descoñécese o efecto destes cambios no tamaño ou posición da área de dispersión desta especie.[17]

A evidencia de individuos varados de Mesoplodon mirus indica que tragaron obxectos de plástico desbotados. Isto pode levar á súa morte.[18]

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Non se cre que sexa pouco frecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualikfica o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]

En Galicia

A presenza desta especie en Galicia é accidental.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): True's Beaked Whale. Mesoplodon mirus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 19 de novembro de 2020.
  2. Lahuerta & Vázquez 2000, pp. 313-314.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Díaz d'a Silva, Cartelle & 2007, p. 124.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Mesoplodon mirus True, 1913 no WoRMS. Consultado o 10 de novembro de 2020.
  5. Mesoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 10 de novembro de 2020.
  6. "Frederick William True Papers". Smithsonian Institution. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  7. Moore, Joseph Curtis (1977): "Diagnoses and Distributions of Beaked Whales of the Genus Mesoplodon Known from North American Waters". En Norris, Kenneth S. (editor) Whales, Dolphins, and Porpoises. Berkeley and Los Angeles: University of California Press.
  8. Robbins, J. R.; Park, T.; Coombs, E. J. (2019). "Supernumerary teeth observed in a live True’s beaked whale in the Bay of Biscay". PeerJ 7: e7809. doi:10.7717/peerj.7809. 
  9. Aguilar de Soto, Natacha; Martín, Vidal; Silva, Mónica; Edler, Roland; Reyes, Cristel; Carrillo, Manuel; Schiavi, Agustina; Morales, Talia; García-Ovide, Belén; Sánchez-Mora, Anna; García-Tavero, Nerea (2017). "True’s beaked whale (Mesoplodon mirus) in Macaronesia". PeerJ 5: e3059. ISSN 2167-8359. PMC 5344021. PMID 28286714. doi:10.7717/peerj.3059. 
  10. Mead, J. G. (1989): "Beaked whales of the genus Mesoplodon". In: S. H. Ridgway and R. Harrison (eds.), Handbook of marine mammals. Vol. 4: River dolphins and the larger toothed whales. ISBN 978-0-1258-8504-1, pp. 349-430. London: Academic Press.
  11. 11,0 11,1 Macleod, C. D.; Perrin, W. F.; Pitman, R. L.; Barlow, J.; Balance, L., D'amico, A.; Gerrodette, T.; Joyce, G.; Mullin, K. D.; Palka, D. L. & Waring, G. T. (2006): "Known and inferred distributions of beaked whale species (Ziphiidae: Cetacea)". Journal of Cetacean Research and Management 7(3): 271-286.
  12. Ross, G. J. B. (1969): "Evidence for a Southern Breeding Population of True's Beaked Whale". Nature 222: 585.
  13. Ross, G. J. B. (1984): "The smaller cetaceans of the south east coast of southern Africa". Annals of the Cape Provincial Museums (Natural History) 15: 173-410.
  14. Houston, J. (1990): "Status of True's beaked whale, Mesoplodon mirus, in Canada". Canadian Field-Naturalist 104: 135-137.
  15. MacLeod, C. D.; Santos, M. B.; López, A. & Pierce, G. J. (2005): "Relative prey size consumption in toothed whales: implications for prey selection and level of specialization". Marine Ecology Progress Series 326: 295-307.
  16. Cox, T. M.et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 177-187.
  17. Learmonth, J. A. et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 44: 431-464.
  18. Scott, M. D. et al. (2001): "A note on the release and tracking of a rehabilitated pygmy sperm whale (Kogia breviceps)". Journal of Cetacean Research and Management 3 (1): 87-94.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Untuk tokoh-tokoh Alkitab yang menggunakan julukan Makabe, lihat Yudas Makabe dan Kaum Makabe. Untuk kegunaan lain, lihat Kitab Makabe dan Makabe (disambiguasi). Bagian dari Alkitab KristenPerjanjian LamaYosua 1:1 pada Kodeks Aleppo Taurat Kejadian Keluaran Imamat Bilangan Ulangan Sejarah Yosua Hakim-hakim Rut 1 Samuel 2 Samuel 1 Raja-raja 2 Raja-raja 1 Tawarikh 2 Tawarikh Ezra Nehemia Ester Puisi Ayub Mazmur Amsal Pengkhotbah Kidung Agung Kenabian Besar Yesaya Yeremia Ratapan Yehezkiel Danie...

 

Genus of bats Arielulus preserved specimen of Arielulus circumdatus Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Mammalia Order: Chiroptera Family: Vespertilionidae Tribe: Eptesicini Genus: ArielulusHill & Harrison, 1987 Type species Vespertilio circumdatusTemminck, 1840 Species See text Arielulus is a genus of vesper bats with the following species:[1] Genus Arielulus Bronze sprite (A. circumdatus) Coppery sprite (A. cuprosus) Social sprit...

 

Hurricane Katrina over the Gulf of Mexico on August 28, 2005, one day before landfall. Hurricane Katrina struck the United States on August 29, 2005, causing over a thousand deaths and extreme property damage, particularly in New Orleans. The incident affected numerous areas of governance, including disaster preparedness and environmental policy. Political controversies and electoral consequences Main article: Hurricane preparedness for New Orleans Whether the flood protection designed and bu...

Direktorat Jenderal Konservasi Sumber Daya Alam dan Ekosistem Kementerian Lingkungan Hidup dan Kehutanan Republik IndonesiaGambaran umumDasar hukumPeraturan Presiden Nomor 16 Tahun 2015Nomenklatur sebelumnyaDirektorat Jenderal Perlindungan Hutan dan Konservasi AlamSusunan organisasiDirektur JenderalWiratnoKantor pusatGedung Manggala WanabaktiBlok I, Lantai 8Jalan Jenderal Gatot SubrotoJakarta Pusat 10270DKI Jakarta, IndonesiaSitus webksdae.menlhk.go.id Direktorat Jenderal Konservasi Sumb...

 

Massacre in Lercara Friddi, Sicily, Italy Lercara Friddi massacrePrints reproducing the massacre at Lercara Friddi at the time [1]LocationLercara Friddi in the Province of Palermo, SicilyDateDecember 25, 1893TargetVillagers protesting against taxes during the Fasci Siciliani.Attack typeMassacreDeaths7 or 11 killed, many woundedPerpetratorsRoyal Italian ArmyMotiveQuell the protest of the peasants and miners The Lercara Friddi massacre took place on Christmas-day (December 25) 1893 in L...

 

2012 single by AwolnationKill Your HeroesSingle by Awolnationfrom the album Megalithic Symphony B-sideSail (Feed Me Luxe Remix)ReleasedJune 5, 2012 (2012-06-05)Recorded2010–11 at Red Bull Recording Studio(Los Angeles, California)Length2:58LabelRed BullSongwriter(s) Aaron Bruno Brian West Producer(s) Aaron Bruno Brian West Awolnation singles chronology Not Your Fault (2011) Kill Your Heroes (2012) Hollow Moon (Bad Wolf) (2013) Music videoKill Your Heroes on YouTube Kill Your H...

Systematic or threatened use of violence to create a general climate of fear For support of terrorism by the United States, see United States and state-sponsored terrorism. The September 11 attacks, which killed nearly 3,000 people. It was the deadliest terrorist attack in human history. Members of the Mississippi branch of the Ku Klux Klan, a white supremacist terrorist group, who were charged with the conspiracy to murder three civil rights activists in 1964. 1st row: Cecil R. Price, Travis...

 

14. Etappe der Vuelta a España 2023 AllgemeinesEtappe14. Etappe، Vuelta a España 2023Streckentyp HochgebirgsetappeDatum9. September 2023Etappenlänge156,2 kmAustragungsländer Frankreich SpanienStartSauveterre-de-BéarnZielLarra-BelaguaFahrer am Start156Fahrer am Ziel155Durchschnitts­geschwindigkeit36,95 km/hHöhenmeter4.655 mErgebnis1. Remco Evenepoel4 h 13 min 38 s(Soudal Quick-Step)2. Romain Bardet+ 1 min 12 s3. Lennert Van Eetvelt+ 6 min 33 s Remco Evenepoel(Soudal Quick-Step)Stand in...

 

Railway station in Gifu, Gifu Prefecture, Japan This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Chajo Station – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2018) Chajo Station茶所駅Chajo Station in March 2015General informationLocationKanohachiman-cho, Gifu-shi, Gifu-ken 500-8431Japan...

Governing body of sailing in Germany German Sailing FederationDSVIOC nationGermany (GER)National flagSportSailingOfficial websitewww.dsv.orgHISTORYYear of formation1888DEMOGRAPHICSMembership size188000AFFILIATIONSInternational federationInternational Sailing Federation (ISAF)ISAF members pagewww.sailing.org/about/members/mnas/germany.phpNational Olympic CommitteeDeutscher Olympischer SportbundNational Paralympic CommitteeNational Paralympic Committee GermanyELECTEDPresidentMona KüppersSECRET...

 

Whiteriver CommandoWhite River Commando emblemCountry South AfricaAllegiance  Republic of South Africa  Republic of South Africa Branch  South African Army  South African Army TypeInfantryRoleLight InfantrySizeOne BattalionPart ofSouth African Infantry CorpsArmy Territorial Reserve, Group 33Garrison/HQWhite River, MpumalangaMilitary unit Whiteriver Commando was a light infantry regiment of the South African Army. It formed part of the South African Army Infantry ...

 

1954 filmTheodora, Slave EmpressDirected byRiccardo FredaScreenplay by Rene Wheeler Claude Accursi Ranieri Cochetti Riccardo Freda[1] Story by André-Paul Antoin Riccardo Freda[1] Starring Gianna Maria Canale Georges Marchal Renato Baldini Henri Guisol CinematographyRodolfo Lombardi[1]Edited byMario Serandrei[1]Music byRenzo Rossellini[1]Productioncompanies Lux Film Lux Compagnie Cinématographique de France[1] Distributed by Lux Film (Italy) Lu...

Grenzau CastleBurg Grenzau, Burg Gransioie (Großfreuden)Höhr-Grenzhausen Grenzau CastleGrenzau CastleShow map of Rhineland-PalatinateGrenzau CastleShow map of GermanyCoordinates50°27′01″N 7°39′20″E / 50.4502°N 7.6555°E / 50.4502; 7.6555Typehill castle, spur castleCodeDE-RPHeight250 m above sea level (NN)Site informationConditionlargely preservedSite historyBuiltca. 1210 The bergfried Grenzau Castle (German: Burg Grenzau) is a ruined spur ca...

 

American television personality For the character in Cleveland played by George Cavender, see The Cool Ghoul (Cleveland). The Cool Ghoul (Dick Von Hoene) The Cool Ghoul was a popular radio and TV character and horror movie host in Cincinnati, Ohio, created and portrayed by Dick Von Hoene, a Cincinnati native. With his trademark shout Bleah, bleah, BLEAAAHHH! and his inimitable tongue-fluttering Bl-bl-bl-bl-bl-bl-bl-bl-bl-bl..., The Cool Ghoul was an icon of Cincinnati television, radio and lo...

 

Species of bird Mayotte sunbird Conservation status Least Concern (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Passeriformes Family: Nectariniidae Genus: Cinnyris Species: C. coquerellii Binomial name Cinnyris coquerellii(Hartlaub, 1860) Approximate distribution map   Year-round The Mayotte sunbird (Cinnyris coquerellii) is a species of bird in the family Nectariniidae. It is endemic to Mayotte and ...

Music culture of BotswanaPart of a series on theCulture of Botswana History Bantu expansion Cape Colony United States of Stellaland Bechuanaland Protectorate History of Gaborone People Languages Cuisine Religion Art Literature Music Media Television Cinema Sport Monuments World Heritage Sites Symbols Flag Coat of arms National anthem vte Botswana is an African country made up of different ethnic groups, although Batswana are the majority of the population. Music is a large part of Botswana cu...

 

Philosophical system Not to be confused with Modern Platonism. Part of a series onNeoplatonismReconstructed bust believed to represent Plotinus Concepts Theory of forms Form of the Good Hypostasis Arche Nous Demiurge Logos Anima mundi Henosis Theurgy Okhema Microcosm and macrocosm Works Enneads De Mysteriis Aegyptiorum Liber de Causis The City of God The Consolation of Philosophy De Coelesti Hierarchia De divisione naturae Chaldean Oracles People Plotinus (students) Porphyry Iamblichus J...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Así te deseo – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2019) (Learn how and when to remove this template message) 1948 Argentine filmAsí te deseoScreenshotDirected byBelisario García VillarWritten byBelisario García VillarProduced byBelisario Gar...

AC Chievo VeronaNama lengkapAssociazione Calcio Chievo Verona SrLJulukanGialloblu (Kuning-Biru), Mussi Volanti (Keledai-Terbang dalam bahasa Venesia), Ceo (Chievo dalam bahasa Venesia)Berdiri1929StadionStadion Marcantonio Bentegodi,Verona, Italia(Kapasitas: 39.371[1])PresidenLuca CampedelliPelatih kepalaRolando MaranLigaSerie A2015–16ke-9Situs webSitus web resmi klub Kostum kandang Kostum tandang Kostum ketiga Musim ini Associazione Calcio Chievo-Verona (atau juga ChievoVerona ...

 

Village in Kolubara District, SerbiaMajinovićVillage (Selo)MajinovićCoordinates: 44°17′09″N 19°43′08″E / 44.28583°N 19.71889°E / 44.28583; 19.71889Country SerbiaDistrictKolubara DistrictMunicipalityValjevoPopulation (2002) • Total163Time zoneUTC+1 (CET) • Summer (DST)UTC+2 (CEST)Area code014 Majinović is a village in the municipality of Valjevo, Serbia. According to the 2002 census, the village has a population of 163 pe...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!