A especie foi definida en 1770 por Johann Reinhold Forster como Balaena rostrata e, posteriormente, en 1804 refefinida e reclasificada no xénero Hyperoodon por Lacépède, que a denominou Hyperoodon butskopf; pero, debido á regra da antigüidade, dada a primacía da súa descrición por Forster, o nome científico válido na actualidade é Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770).[4]
Careacterísticas e bioloxía
Os machos alcanzan un tamaño de até 9 m de lonxitude, e un peso dunhas 10 t. As femias son menores (de 7 a 8,5 m de lonxitude).
A xestación dura 12 meses. A súa lonxevidade é de 37 anos por termo medio.
Comportamento
É capaz de mergullarse entre 14 e 70 min sen respirar. As súas inmersións son profundas, pero probabelmente non percorre longas distancias durante ese tempo.[5]
Ambos os sexos teñen dous pequenos dentes na mandíbula.[5][6]
Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.