Unha xunta tórica ou anel tórico (pola forma tórica[1][2]) ou anel de xunta[3]O-ring, polo seu nome en inglés[4], é unha xunta en forma de anel. Está composto xeralmente por elastómeros e ten diferentes perfís segundo a súa aplicación.
Usos
Desenvolveuse para ser unha xunta de selado flexible, que pode soportar altas temperaturas e non permite que flúan líquidos ou gases. Utilízase en varios sistemas pneumáticos e hidráulicos.
Colócanse en sucos especialmente deseñados nos elementos de selado, normalmente eixos e tapas.
Existen varios tipos de xuntas tóricas para diversas aplicacións, por exemplo en función do material do que estea feita. Neste caso, obsérvase principalmente a presión e temperatura de traballo a que vai ser sometido.[5][6]
Historia
A patente[7] nos EEUU para a xunta tórica foi asinada en 1937 por un danés de 72 anos chamado Niels Christensen.[8] Previamente xa fora concedida a patente a un sueco, décadas antes, o 12 de maio de 1896 a J. O. Lundberg, quen finanlmente foi recoñecido como o inventor da xunta tórica[9].
O Space Shuttle Challenger (Transbordador espacial da NASA) desintegrouse 73 s despois do lanzamento debido ao uso dunha xunta tórica que fixo que o SRB se desprendese co uso de fluoroelastómeros FKM inconvenientes a temperaturas extremadamente frías antes do desenganche, polo que perdeu a súa elasticidade e, polo tanto, a súa capacidade para recuperar a súa forma tras o movemento previsto da xunta tras a saída dos gases de escape e pola súa sobrecompresión na montaxe.
Mantemento de xuntas tóricas
Os aneis tóricos necesitan un mantemento adecuado. Algunhas recomendacións para o seu uso son as seguintes:
Evitar a exposición solar, porque perden flexibilidade e endurecen.
No mantemento preventivo é recomendábel cubrir as xuntas cunha pequena capa de silicona que proporcione unha maior resistencia ao envellecemento.
Ao montar unha xunta, hai que asegurarse de que está perfectamente instalada e de que non estea pinchada en ningún punto.
Cando se sospeite que unha xunta está en mal estado, hai que substituíla por outra nova. Normalmente o equipo que protexe a xunta é moito máis caro que a xunta en si.[1][10]
↑"O-ring". web.archive.org. 2011-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2011. Consultado o 2022-06-28.Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
↑"Test Page for Apache Installation". web.archive.org. 2010-10-12. Archived from the original on 23 de outubro de 2017. Consultado o 2022-06-28.
↑"O-ring". web.archive.org. 2011-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2011. Consultado o 2022-06-28.Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
↑Patente Nº 2180795 - Inventor Niels A. Christensen em 10/02/1937