Xoán Xosé Pérez Labaca, nado en Mondariz en 1942 e finado en Ponteareas o 25 de abril de 2014, foi un mestre, político e escritor galego.
Traxectoria
Mestre de EXB, instructor de Educación Física e especialista en lingua galega. Foi director do colexio público número 2 de Ponteareas. Vicesetretario,[1] e despois xecretario xeral de Coalición Galega.[2] Foi candidato de Converxencia Nacionalista Galega á alcaldía de Ponteareas nas eleccións municipais de 1991,[3] e foi elixido concelleiro.
Como historiador dedicóuse a investigar sobre Ponteareas e Mondariz. Publicou varios libros e colaborou en medios de comunicación escritos e radiofónicos.
Obras
- Anacos de cousas celtas, 2008.
- Ponteareas da "ialma", 2011.
- Aqueles oficios de preto da raia, 2012.
- O túnel do Barroso, 2013.
- Os nove tesouros do Condado e A Paradanta, 2014.
Recoñecementos
- En marzo de 2015 foi nomeado fillo adoptivo de Ponteareas a título póstumo.[4]
- A Biblioteca Pública de Mondariz leva o seu nome.[5]
Vida persoal
Casou con Magdalena Diz Sotelino e foi pai de Marola, Malena, Xan e Trini Pérez-Labaca Diz.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos