Xosé Díaz Arias de Castro, nado en 1949 na Coruña, é un deseñador gráfico, pintor e empresario galego.
Traxectoria
Fillo de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias de Castro. Formouse na Universidade de Santiago de Compostela en Filosofía e Letras. Deseñador, pintor[1], comisario[2], con obras seleccionadas para exposición en Madrid, Londres e Nova York. Fundador de Imago Mundi Diseño, BCD Asociados, Grupo ReVisión Deseño, empresas especializada en deseño editorial, identidade corporativa e espazos expositivos. Académico de número da sección de Artes da Imaxe na Real Academia Galega de Belas Artes[3]. En 1996, como testamenteiro da viúva de Luis Seoane, impulsou a Fundación Luis Seoane, da que é patrono vitalicio e vicepresidente do seu padroado. Administrador do Laboratorio de Formas de Galicia[4].
Publicacións (lista parcial[5])
- Arte, deseño, industria: o Laboratorio de Formas de Galicia.
- As liñas da conciencia: Castelao ilustrador e deseñador.
- La memoria de Pepe Martínez, el olvidado editor de Ruedo Ibérico.
- Luís Seoane: a forxa da modernidade.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas