Xoán Carlos Carreira Pérez, coñecido como Calín, nado en Lugo o 21 de maio de 1956, é un profesor, político e sindicalista agrario galego.
É Enxeñeiro Técnico Agrícola, doutor Enxeñeiro Agrónomo e catedrático de Escola Politécnica Superior de Lugo. Foi membro de EGA e do Frente Estudantil da AN-PG. En 1975 integrase nos CALL, sendo un dos seus primeiros membros e un dos impulsores do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Foi tamén voceiro do BNG no Concello de Lugo (1991-1996), así como membro do Consello Nacional desa formación en distintas etapas. Exerceu como vicerreitor de Infraestruturas da Universidade de Santiago de Compostela e director da Escola Politécnica Superior de Lugo.
Ten colaborado en diversos medios de comunicación, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.