Xandru Fernández, nado en Turón (Mieres) en 1970, é un escritor asturiano en lingua asturiana.
Traxectoria
Licenciado en Filosofía pola Universidade de Oviedo, exerceu de profesor da materia do mesmo nome no instituto público de Lluanco. A súa obra é unha das máis extensas da segunda xeración do Surdimientu. Componse de novelas, poesía e libros de relatos; ademais de traducións de autores como Franz Kafka e Thomas Mann. Alén diso, é coñecido pola súa faceta de letrista musical, espacialmente como colaborador do grupo de rock Dixebra, mantendo relación de amizade cos seus membros.
Gañou o Premio de narrativa Xosefa de Xovellanos en 1994 (El club de los inocentes), 1999 (El suañu de los páxaros de sable) e 2011 (El príncipe derviche)[1] e o Xuan María Acebal de poesía de 2008. Foi promotor de diversas iniciativas culturais, columnista do semanario Les Noticies e membro do consello editorial da revista de ensaio Tiempu de Nós.
Obra
- Novela:
- El silenciu en fuga (1990)
- Tráficu de cuerpos (1990)
- El club de los inocentes (1994) (Premio Xosefa de Xovellanos)
- El suañu de los páxaros de sable (1999) (Premio Xosefa de Xovellanos)
- Los homes de bronce (2001)
- Les ruines (2005, Ediciones Trabe; reeditado en 2011, Suburbia ediciones)
- El nuesu mar de los sargazos (2005)
- La banda sonora del paraísu (2006)
- El príncipe derviche (2012, Suburbia ediciones)
- Poesía:
- Primer bestiariu (1990)
- Breviariu de la diáspora (1993)
- Lletra muerto (1998)
- Servidume (2000)
- Les vides incompletes (2009) (Premio Xuan María Acebal)
- Restauración. Antología poética (2010, Ediciones Trea, versión bilingüe)
- Relatos:
- Del llaberintu al trenta (1995)
- Les cuentes del alma (2000)
- Entierros de xente famoso (2008, Suburbia Ediciones)
- Traducións:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas