Whiplash é un filme estadounidense de drama escrito e dirixido por Damien Chazelle que se estreou no 2014. Está protagonizado por Miles Teller e J. K. Simmons, e conta a historia entre un ambicioso estudante de jazz (Teller) e o seu abusivo mestre (Simmons). Paul Reiser interpreta o pai de Teller. O filme estreouse en salas limitadas dos Estados Unidos e do Canadá o 10 de outubro de 2014, chegando a proxectarse en máis de 500 pantallas de cine. Obtivo unha recadación duns $49 millóns sobre un orzamento de $3,3 millóns.