"While My Guitar Gently Weeps" (que en galego podemos traducir como: "Mentres a miña guitarra choromica aos pouquiños") é unha balada de rock escrita por George Harrison de The Beatles incluída no seu Álbum Albo.
George Harrison orixinalmente interpretaba a canción cun só de guitarra acústica e un órgano; unha versión, máis curta que a oficial, pode escoitarse no álbum Anthology 3 e unha versión adaptada no álbum Love. Eric Clapton (amigo íntimo de George Harrison) interpreta a primeira guitarra.
A canción ocupa a posición 135 na "Lista de Rolling Stone das 500 mellores cancións de todos os tempos" e o posto número 42 na lista dos 100 mellores solos de guitarra.
Segundo Harrison, a inspiración veulle da lectura do libro I Ching, que como el expresou: "Pareceume estar baseado no concepto oriental de que todo está relacionado entre si, a diferenza da opinión occidental de que todo é unha mera coincidencia".[1]
Levando esta idea de relativismo á casa dos seus pais no norte de Inglaterra, Harrison decidiu escribir unha canción coas primeiras palabras que vira ao abrir un libro ao chou. Estas palabras foron "Gently weeps", e inmediatamente comezou a escribir a canción.
A canción pasou por varias -algunhas substanciosas- modificacións até chegar á súa versión final. Un exemplo é a letra; unha versión gravada na casa de George incluía este verso, que non se usou:
Outra versión, acústica, lanzada nos álbums Love e Anthology 3, inclúe este como último verso:
A composición interesou pouco nos outros tres Beatles. A banda gravouna en varias ocasións, primeiro a xa mencionada versión acústica e logo unha con sons máis eléctricos, que incluía un solo de guitarra de Harrison, pero non parecía funcionar. Foi entón cando George convidou a Eric Clapton para que tocara a guitarra na canción. Aínda que nun inicio dubidou, Harrison logrou convencelo.
Algúns téñense preguntado se o famoso solo de guitarra é realmente interpretado por Clapton, xa que se asemella bastante ao estilo que Harrison adoptaría posteriormente. George só dixo: "Eric gravouno, e a min pareceume que estaba realmente ben. Logo escoitámolo de novo e el dixo: 'Creo que hai un problema: non é o suficientemente Beatle '. Así que puxémola no ADT [automatic double-track] para bambolealo un pouco".
O 29 de novembro de 2002, Paul McCartney, Ringo Starr, Dhani Harrison, Jeff Lynne e Eric Clapton interpretaron "While My Guitar Gently Weeps" no Concert for George en memoria de Harrison, quen morrera tras unha longa batalla contra o cancro de pulmón. Nesta versión, Clapton interpreta o seu solo e ademais, un segundo en memoria do seu amigo mentres Ringo toca a batería e McCartney volve a tocar o piano e a facer os coros como fixeron na versión orixinal.
A canción foi interpretada por numerosos artistas, entre eles: