Wang-ui namja (en coreano: 왕의 남자) é un filme surcoreano de 2005 dirixido por Lee Joon-ik. Está protagonizado por Kam Woo-sung, Lee Joon-gi e Jung Jin-young. Foi adaptado da obra de teatro de 2000, Yi, sobre Yeonsangun de Joseon, un rei da dinastía Joseon, e o seu pallaso. Estreouse nos cinemas o 29 de decembro de 2005, sendo distribuído domesticamente por Cinema Service e internacionalmente por CJ Entertainment.[1]
O filme foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2] Con máis de 12,3 millóns de entradas vendidas, foi o filme máis visto en Corea do Sur ese ano,[3] así como o décimo oitavo filme surcoreano con maior recadación da historia.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas