Walter Pardo Añón, nado en Malpica de Bergantiños en 1978, é un político galego do PSdeG-PSOE
Traxectoria
Foi mariñeiro e traballou na lonxa de Malpica. Membro da Asociación Cultural Malante. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Malpica de Bergantiños e foi elixido alcalde[1] co apoio do BNG e o edil electo de Ciudadanos Alfredo Cañizo, formando un goberno de coalición. Trala ruptura do pacto con Cañizo, perdeu a alcaldía en setembro de 2021 en favor do PPdeG tras recibir estes o apoio de Cañizo. Encabezou novamente a candidatura socialista nas municipais de 2023 e revalidou os seus resultados de 2019, ó igual que os demais grupos, polo que se mantivo na oposición tras alcanzar un novo acordo o PPdeG con Cañizo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas