Eduardo Parga Veiga,[1][2] nado en 1965, é un político galego do PPdeG
Traxectoria
Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido concelleiro en Malpica de Bergantiños pola Agrupación Veciñal de Electores de Malpica (AVE), a cal encabezaba o expopular José Manuel Vila e foi a segunda forza máis votada tralos socialistas de José Ramón Varela Rey. Finalmente estableceuse un pacto de goberno cos socialistas e pasou a ocuparse da concellería de cultura e deportes. Volveu a ser elixido concelleiro por AVE en 2007, situándose nesta ocasión na oposición. A comezos de 2009 regresou cos seus compañeiros ao PPdeG, sendo nomeado José Manuel Vila novo líder da formación conservadora. Porén, tralo falecemento de Vila en febreiro de 2011 asumiu o liderado do PPdeG na localidade.
Desta forma foi o candidato á alcaldía polo PPdeG nas eleccións municipais de 2011, conseguiu a vitoria e foi elixido alcalde grazas ao apoio de Alfredo Cañizo, concelleiro de AIM,[3] co cal pasou a gobernar en coalición. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 2015. Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría e a alcaldía, que foi para Walter Pardo Añón do PSdeG-PSOE[4] ó contar co apoio do BNG e de Cañizo (entón candidato de Ciudadanos). Porén, trala ruptura do pacto de goberno con Cañizo, en setembro de 2021 presentou unha moción de censura que contou co apoio deste último e o devolveu á alcaldía. Nas municipais de 2023 mantivo os resultados da anterior ocasións, ó igual que os demais grupos, polo que mantivo a alcaldía[5] co apoio de Alfredo Cañizo, nesta ocasión de volta coas siglas de AIM.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas