Wak Kimi Janaab' Pakal[1] ou Janaab Pakal III[2] foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. É tamén referido como 6 Cimi Pakal. O seu nome foi traducido como 6 Escudo Morte. É o derradeiro gobernante que se coñece de Palenque.
Traxectoria
De acordo á conta longa do calendario maia, foi entronizado o 9.18.9.4.4 7 k'an 17 muwan, equivalente ó 13 de novembro do ano 799. É o único dato que se coñece deste personaxe, o cal foi atopado nunha vasilla de cerámica de cor negra do complexo cerámico Balunté.[3] A vasilla foi atopada nun complexo residencial. Esta data é, ademais, a última que se ten documentada de Palenque.[4]
Pola forma en que se escribiron as datas do calendario obsérvase unha influencia das culturas do centro de México. Crese que foi nesta época cando ocorreu o colapso de Palenque. Aínda que existe un ladrillo con data do ano 814 que se atopou en Comalcalco que ten o glifo de B'aakal, descoñécese se este fai referencia a Palenque ou a Comalcalco, pois esta última localidade tamén utilizou o mesmo glifo.[5]
Notas
- ↑ Grube, 2006; 458
- ↑ Florescano, 2009; 235
- ↑ Liendo, 2003; 110
- ↑ Eggerbrecht, 2001; 96
- ↑ Skidmore, 2008; 91
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Gobernantes mitolóxicos |
- ?-Muwaan Mat
- Uk'ix Chan
- Casper (gobernante mitolóxico)
|
---|
Dinastía de Palenque | |
---|