K'inich K'uk' B'ahlam II ou K'inich K'uk Balam II foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. Tamén é referido como Bahlum K'uk' II ou Mahk'ina Kuk. O seu nome pode ser traducido como Gran Sol Quetzal Xaguar ou Radiante Quetzal Xaguar. Gobernou do ano 764 ó 783.[1]
Traxectoria
Foi fillo de K'inich Ahkal Mo' Naab III e Ix Men Nik, tamén coñecida como Ix Sajal Juj.[2][3] De acordo ás inscricións atopadas en Palenque, o seu antecesor puido ser Upakal K'inich Janaab' Pakal de quen se descoñece a data final do seu goberno; porén, en Pomoná atopouse unha inscrición datada no ano 751 que se refire a un gobernante palencano a quen se chamou co nome de K'inich Kan Bahlam III.[4]
De acordo á conta longa do calendario maia, K'inich K'uk' B'ahlam II foi entronizado o 9.16.13.0.7 9 manik 15 uo, é dicir, o 4 de marzo do ano 764. Durante o seu goberno foron tallados o taboleiro dos 96 glifos e o taboleiro da creación. Ambos os taboleiros, pertencentes ó Período Clásico tardío, son considerados os mellores logros escultóricos de xeroglíficos maias pola facilidade e precisión coa que parecen ser tallados os bloques de pedra.[5] No taboleiro dos 96 glifos atópase escrita a cronoloxía dinástica de Palenque a partir de K'inich Janaab' Pakal. O sucesor de K'uk B'alam II foi Wak Kimi Janaab' Pakal.[6]
Notas
- ↑ Florescano, 2009; 235
- ↑ Skidmore, 2008; 80
- ↑ Stuart, 2010; 157
- ↑ Skidmore, 2008; 88
- ↑ Miller, 2009; 109
- ↑ Grube, 2006; 458
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Gobernantes mitolóxicos |
- ?-Muwaan Mat
- Uk'ix Chan
- Casper (gobernante mitolóxico)
|
---|
Dinastía de Palenque | |
---|