O voo 7908 de Caspian Airlines era un voo regular comercial dende Teherán, Irán, e Iereván, Armenia. O día 15 de xullo de 2009 o Tupolev Tu-154 que operaba a ruta esnafrouse preto da vila de Jannatabad, nas aforas da cidade de Qazvin, Irán.[1] Os 153 pasaxeiros e 15 tripulantes a bordo morreron.[2][3]
Foi o peor accidente de aviación en Irán dende o accidente en 2003 dun Ilyushin Il-76 militar, no cal morreron 275 persoas (aínda que algunhas fontes falan de 302 mortos).[3] Foi o segundo accidente con máis vítimas en 2009 tras o voo 447 de Air France.