Vigoscopio

O vigoscopio foi un sistema de terapia contra o estrabismo desenvolvido polo oftalmólogo vigués Antón Beiras García.

Historia

O vigoscopio é un tipo particular de sinoptoforo, é dicir, unha máquina que permite realizar medidas sobre o grao de binocularidade da vista.

O invento debeuse ao oftalmólogo Antón Beiras. O primeiro prototipo desenvolveuse na Escola de Transmisións e Electrónica da Armada en 1963 e ese mesmo ano preséntase ao público non especializado en oftalmoloxía no Congreso Mundial de Telecomunicacións, como exemplo das investigacións que realizaba a Mariña no campo médico. Presentóuselles a especialistas oftalmólogos nun congreso en Palma en 1964, e un segundo prototipo presentouse nun congreso internacional de oftalmoloxía en París en 1965.

O vigoscopio instalouse no Colexio Hogar, onde se construíu un terceiro prototipo, que estivo en funcionamento ata 1974.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!