María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018,[1] foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.
Traxectoria
Foi a segunda filla de María Victoria Ruiz de Ojeda e Luis Jacobo Álvarez Rodríguez, pintor, máis coñecido como San Luis. Licenciada en Filoloxía Hispánica en 1984 pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de ensino secundario en varios institutos, no de Mos nos últimos anos,[1] e formou parte do padroado da Fundación Rosalía de Castro[2] e da Fundación Blanco Amor.
Colaborou en publicacións como Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, revista galega de cultura, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Boletín da Real Academia Galega e Festa da Palabra Silenciada.
Publicacións
Recoñecemento
En decembro de 2018 a revista do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid, Madrygal, adicoulle unha separata[7] e en 2019 a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES de Mos fixéronlle unha homenaxe.[8]
A revista Grial fíxoa protagonista do nº 223 (2019): Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda: camiños explorados.
Vida persoal
O 16 de xullo de 1997 casou con Xesús Alonso Montero.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas