Vicente Vázquez Diéguez

Modelo:BiografíaVicente Vázquez Diéguez
Biografía
Nacemento1942 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Verín, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePilar Allegue Editar o valor en Wikidata

BUSC: vazquez-dieguez-vicente

Vicente Vázquez Diéguez, nado en Verín en 1942, é un pintor e escritor galego.[1][2]

Traxectoria

Nado en Verín, xa de neno foi para Pontevedra e despois para Madrid estudar Belas Artes. Alí coñece a Raimundo Patiño e María Cremaes. Foi membro fundador do grupo A Gadaña, introdutor do informalismo en Galicia, impulsor de Estampa Popular Galega, autor de ducias de deseños para diversas iniciativas bibliográficas e culturais. A súa traxectoria comezou en Madrid á volta de 1960 e decorreu parella a un firme compromiso co país e coa cultura galega, desde os tempos de Brais Pinto, do Seminario de Cultura Galega e do Club de Amigos da UNESCO. Estivo moi relacionado con Laxeiro, a quen acompañou na súa volta a España en 1968.[3]

Foi o autor de portadas de libros como Nin vexo Vigo nin Cangas de Bernardino Graña, Seraogna de Alfonso Pexegueiro ou O estatuto galego de Xosé Vilas Nogueira e tamén editor de proxectos como Rueiro ou Xistral.[3] Foi militante nacionalista desde os tempos da UPG e a ANPG.

Chegou a ter un dos obradoiros de gravado máis importantes de Galicia.[4]

Aparece nos catálogos das exposicións Arte Joven de Galicia 1973 (A Coruña), VI Exposición al Aire Libre en la Plaza de la Princesa (Vigo, 1973), Plástica Gallega: Séptimo ciclo. Pintura, Dibujo y Grabado (Vigo, 1980), Plástica gallega (1981), I Premio de Arte Fundación Araguaney (Santiago, 1985), XXI Bienal de Arte Pontevedra'90 (Pontevedra, 1990), Catálogo da colección da arte galega do Museo "Quiñones de León" (Vigo, 1991), Arte en Pontevedra II (Pontevedra, 2002), Artistas con Unicef (Santiago, 2003).[1]

En 1968 publicou As ponlas baixas, novela que se pode inserir (aínda que tardiamente) na Nova narrativa galega.[5] Despois escribiu Nidiamente nos lindeiros.[3] (inédita).

Obra literaria

Notas

  1. 1,0 1,1 "Bibliografía de Pintores Gallegos, Vicente Vázquez Diéguez". www.pintoresgallegos.com. Consultado o 2022-03-19. 
  2. Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Ediciós do Castro. p. 399. ISBN 84-7492-465-0. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ermida, Xosé Ramón. "Vicente Vázquez Diéguez: "A arte non é só para os ricos"". Nós Diario. Consultado o 2022-03-19. 
  4. Pereira Soto, Manuel Angel. "Sobre las cruces parroquiales de Valongo I San Benito de la Arnoia (Orense)" (PDF). dialnet.unirioja. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  5. Losada, Basilio (1968). "As ponlas baixas, por Vicente Vázquez Diéguez". Grial 6 (21): 371–373. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!