Vicente Clavero Martín, nado en Málaga en 1958, é un xornalista andaluz.
Traxectoria
É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid dende o ano 1980. Foi redactor da axencia de noticias Europa Press e do diario ABC. Formou parte do equipo fundacional de Expansión e mais de Diario Médico. Dirixiu El Correo de Andalucía. É columnista do diario Público, onde analiza principalmente asuntos relacionados coa economía. Amais, en 2009 foi nomeado director de comunicación deste xornal.[1]
Obra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas