En 2008, Monetta enviou a canción "Se non ci sei tu" para participar na selección nacional para representar a San Marino no Festival de Eurovisión 2008, pero non foi seleccionada por SMtv.
O 14 de marzo de 2012, a televisión sanmarinesa SMtv anunciou que Monetta sería a representante do seu país no Festival de Eurovisión 2012 en Bakú, Acerbaixán coa canción "Facebook Uh, Oh, Oh" tras ser elixida internamente.[1] Non obstante, o 18 de marzo, uns días despois de ser anunciada a canción, a UER considerou que a canción seleccionada contiña unha mensaxe comercial da rede social Facebook, o que deu lugar á descualificación da letra e cambiouse a "The Social Network Song (OH OH - Uh - OH OH)".
Monetta participou na primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2012 celebrado o 22 de maio de 2012, e clasificouse en 14º lugar con 31 puntos, polo que non logrou acceder á gran final do certame. Ao ano seguinte foi elixida de novo por SMtv para representar o país no Festival de Eurovisión 2013 celebrado na cidade de Malmö, Suecia; coa canción en italiano "Crisalide (Vola)" composta por Ralph Siegel[2], obtendo finalmente o posto 11, a tan só 16 puntos de pasar á final.
O 20 de xuño de 2013 asinou un pre-acordo coa televisión pública de San Marnño (SMtv) para volver representar ao país no Festival de Eurovisión 2014, aínda que cabe destacar que non se trata dun acordo definitivo.[3]