V2X, acrónimo en inglés de Vehicle to everything, é unha tecnoloxía de ADAS que serve como conxunto identificativo dos sistemas de comunicación do vehículo, onde información dos sensores acoplados no mesmo é transmitida ao exterior por banda larga, con baixo tempo de atraso e alta redundancia garantindo a seguridade na transmisión da mensaxe.[1]
Descrición
O estándar V2X conforma un protocolo Wifi propio adicado á automoción, o IEEE 802.11p (parte do IEEE's WAVE, ou Wireless Access for Vehicular Environments program), na frecuencia adicada centrada na banda dos 5.9 GHz. A normativa IEEE 802.11p, finalizada no ano 2012, emprega os principios da Dedicated Short-Range Communications (DSRC) nos Estados Unidos, e os da ITS-G5 para Europa descritos na European Cooperative Intelligent Transport Systems (C-ITS).[2]
Características funcionais dentro do 802.11p inclúen un rango curto (menos de 1 km), baixo atraso do sinal (~2ms) e alta confianza da transimisión.
"works in high vehicle speed mobility conditions and delivers performance immune to extreme weather conditions (e.g. rain, fog, snow etc.)" US Department of Transportation
Así mesmo o IEEE 802.11p non é dependente da cobertura dunha rede de telefonía móbil, o vehículo emite o sinal vía TCU (unidade de telecomunicación) embebida no propio automóbil. E unidades da bordo -- (OBUs) -- e na vía pública -- (RSUs) -- xa dispoñíbeis por provedores da automoción como NXP, Marvell, Renesas Electronics ou Redpine Signals, garanten o funcionamento.[3]
Variantes
V2X é o paraugas identificativo dos diferentes subtipos de comunicación do vehículo con terceiros :
(V2V) acrónimo en inglés de vehicle-to-vehicle. Cobre os casos de aviso ante colisión contra outro vehículo, atoamento ...
(V2I) acrónimo en inglés de vehicle-to-infrastructure. Cobre os casos de aviso ante exceso de velocidade, aparcamento electrónico, pago de autoestradas, activar paso de semáforos para ambulancias e vehículos con prioridade ...
(V2P) acrónimo en inglés de vehicle-to-pedestrian. Cobre os casos de aviso ante colisión contra un peón.