Sistemas avanzados de asistencia ao condutor

Aparcadoiro Robotizado na Feira de Frankfurt, vehículo do fabricante Bosch cun LIDAR externo instalado. 2017.

Sistemas avanzados de asistencia ao condutor, ou no seu acrónimo en inglés ADAS (Advanced driver-assistance systems), son aqueles sistemas desenvolvidos para automatizar, adaptar ou mellorar as tarefas desempeñadas polo condutor durante o manexo dun vehículo. O seu deseño corresponde ao dunha interface de seguridade home-máquina para incrementar o confort e a seguridade dentro do vehículo, e de forma máis xenérica a seguridade vial, intervindo sobre os atuadores do coche, como o freo ou a dirección, para evitar accidentes non detectados polo condutor.[1]

Descrición

Os sistemas ADAS son sistemas de enxeñaría que requiren da entrada de multitude de sensores (Cámara, LIDAR, Cámaras Time of Flight, Radar, ultrasón ...) co obxectivo de fusionalos creando un mapa virtual arredor do vehículo que coñeza a posición dos diversos elementos na vía e permita a toma de decisións con precisión e seguridade.

Diversos sistemas avanzados de asistencia ao condutor levan sendo implementados desde a década de 1990. A tecnoloxía GPS adoptada pola totalidade dos OEM próbase esencial para a seguridade e confort do condutor e pasaxeiros.

Dado que os sistemas ADAS inclúen un gran número de compoñentes electrónicos e de firmware, e afectan directamente á saúde e á seguridade, o seu desenvolvemento e aprobación ven supeditado á auditoría dos estándares de seguridade IEC 61508 e ISO 26262.

O departamento para a seguridade vial americano, Transportation’s National Highway Traffic Safety Administration (NHTSA) declarou por imperativo legal que a partir do ano 2018 tódolos vehículos vendidos nos Estados Unidos deberían de incluír unha cámara traseira para mellorar a visibilidade.[2] A medida pretende diminuír o alto número de accidentes e atropelos que se producen durante a manobra de marcha atrás, a lei coñécese como a "lei Gulbransen" en lembranza de Cameron Gulbransen, neno morto como resultado dun accidente causado polo seu propio pai no garaxe doméstico cando este manobraba cun modelo SUV.[3]

En camiño cara a condución autónoma os sistemas ADAS considéranse un paso intermedio. Entre os niveis de condución autónoma tres, catro e cinco, condución condicionada, alta automatización e automatización completa, esixiráselle ao condutor cada vez un nivel menor de atención ata chegar ao último nivel onde a industria comprende que o condutor pode por completo desatender o manexo do vehículo.[4]

Principais funcións

Notas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!