A Universidade de Massachusetts é un sistema universitario público dos Estados Unidos con cinco campus e un único sistema público de investigación,[1] na Commonwealth de Massachusetts.
O sistema universitario inclúe cinco campus (Amherst, Boston, Dartmouth, Lowell e unha Escola de Medicina en Worcester), un campus satélite en Springfield.[2][3] Conta tamén con 25 campus en California e Washington, D.C. confomado a Universidade de Massachusetts Global. Nos seus campus estudaban en 2019, 75 065 alumnos.[4]
A administración do sistema está en Boston e Shrewsbury,[5] e está acreditada pola Asociación de Escolas e Facultades de Nova Inglaterra.
O sistema universitario inclúe cinco universidades:
Conta cun alumnado global de máis de 75 000 estudantes.[6]
Segundo a clasificación académica de universidades do THE, en 2010 foi catalogada como a 56ª mellor universidade do mundo.[7] Tamén foi catalogada como a 19ª mellor universidade do mundo na clasificación de reputación mundial do xornal The Times no ano 2011.
En 2012, o estado de Massachusetts achegou 607 millóns de dólares para favorecer a posta en marcha de proxectos de educación e investigación de alto nivel a través do Sistema de universidades públicas de Massachusetts.[8][9]