A Universidade Nacional Autraliana (en inglés Australian National University) é unha universidade pública radicada en Camberra, Territorio da Capital Australiana. Situada no suburbio de Acton, o campus principal abarca sete colexios de ensinanza e investigación, ademais de varios institutos nacionais.[1]
Fundada en 1946, é a única universidade creada polo Parlamento de Australia. Orixinariamente era un centro de investigación de posgrao que comezou a educación de grao en 1960, cando se integrou na Univesidade de Camberra, que fora establecida en 1929 como un campus da Universidade de Melbourne.[2]
A Universidade Nacional Australiana en 2013 contaba con 10 052 estudantes de grao, 10 840 de posgrao e 3 753 empregados de adminiatración e servizos.[3] O orzamento da universidade en 2012 era de 1,13 miles de millóns de dólares australianos.[4]
Notas