Unai Rementeria Maiz, nado en Mundaka, Biscaia, en 1973, é avogado economista e político vasco, que dende o 2015 exerce como Deputado Xeral de Biscaia.[1]
Biografía
Nado en Mundaka o 10 de agosto de 1973, reside en devandito concello da costa biscaíña, está casado e ten dous fillos. Ademais de licenciado en Dereito e diplomado en Económicas pola Universidade de Deusto, é diplomado en Dereito Administrativo e Urbanístico. Conta cun máster en Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Biscaia, outro en Dereito Urbanístico polo IVAP, e coñecementos de contabilidade pública e privada.
Desempeñou un papel moi destacado no apoio ás familias dos mariñeiros do atuneiro Alakrana, secuestrado por piratas en outubro de 2009 durante 47 días fronte á costa de Somalia. Fala e escribe en castelán, éuscaro e inglés.
Traxectoria política
Integrou, en calidade de independente, a candidatura local de EAJ-PNV nas eleccións municipais de 1999. Foi concelleiro de Urbanismo e tenente alcalde de Mundaka desde 1999 a 2007. Ocupou a alcaldía deste concello biscaíño dende 2007 até 2013.
Tamén foi membro da xunta territorial de EUDEL (2007-2010), a asociación de concellos vascos. En 2009 estreouse como parlamentario no Parlamento Vasco en representación de EAJ-PNV (até 2011).
Nas eleccións municipais e forais dese ano foi elixido juntero e designado portavoz do grupo de EAJ-PNV nas Xuntas Xerais de Biscaia. Dende xaneiro de 2013 até o día de hoxe é deputado de Presidencia e voceiro da Deputación Foral de Biscaia.
Dentro de EAJ-PNV foi membro da Asemblea Nacional e do Bizkai Buru Batzar entre 2008 e 2012.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas