Té (planta)

Camellia sinensis - MHNT

A planta do té é un arbusto da familia Theaceae, o seu nome científico e Camellia sinensis. Foi orixinalmente descrita por Linné como Thea sinensis, mais este nome caeu en desuso cando se notou que os xéneros Thea e Camellia non presentaban diferenzas significativas entre si. A infusión preparada coas súas follas tamén recibe o nome de .

Etimoloxía

Procede do chinés, que ten varias pronuncias segundo o dialecto chinés usado. As dúas pronuncias exportadas foron "cha" e "te". Algunhas linguas tomaron a forma "te", como o castelán ou o inglés, e outras tomaron a forma "cha", como o portugués ou o xaponés.

Designacións

Arbusto de té. O té bébese na China desde antes da dinastía Tang.

O té é un arbusto, e a partir das súas follas secas moídas ou gromos do arbusto Camellia sinensis ou Camellia viridis prepárase unha infusión en auga fervida, usada como bebida, que presenta efectos estimulantes, estomacais e alimentarios. O té pode tamén conter outras herbas especias ou froitas como saborizantes.

Como arbusto ten moitas ramificacións. Acada unha altura de entre 1 e 2 metros, aínda que moi raramente pode chegar aos 12 metros. As follas son sempre verdes, lanceoladas cara a adiante e incluso do revés ou oblongoovadas, duns 4 cm. de ancho e entre 3 e 13 cm. de longo, sobre as que destaca unha forte nerviación. As flores están en grupos de 2 ou 3 ou mesmo illadas, de cor branca, inclinadas cara a abaixo, e son aromáticas. As flores de Camellia japonica son erguidas.

O arbusto creceu silvestre no Extremo Oriente ao longo do tempo, aínda que na actualidade se cultiva en moitos outros sitios. Adáptase aos terreos pouco fértiles, mais precisa un fertilizante; e aos sitios secos, pero necesita rego, sol e, preferibelmente, o cultivo en socalcos. Normalmente quítase o gromo central e pódase para que non supere os 2 metros de altura, facilitando así o labor da colleita. A partir do terceiro ano, o rendemento da planta é bo.

Cultivo e clasificación

Camellia sinensis

O té provén principalmente da China continental, India, Sri Lanka, Taiwán, Xapón, Nepal, Australia e Kenya. Os catro tipos principais de té distínguense segundo o seu procesamento. Camellia sinensis é un arbusto que presenta follas que, se non se secan tras a colleita, comezan a se oxidar. Para previr este proceso de oxidación, quéntanse as follas co obxectivo de tirar a súa humidade.

Taxonomía

Camellia sinensis foi descrita por (L.) Kuntze e publicado en Trudy Imperatorskago S.-Peterburgskago Botaničeskago Sada 10: 195. 1887.[1]

Camellia: nome xenérico outorgado en honra do botánico e misioneiro xesuíta do século XVII, Jiří Josef Camel (tamén coñecido coma Camellus), quen transportou plantas de camelias dende as illas Filipinas até Europa. Carl von Linné nomeu este xénero na súa lembranza.

sinensis: epíteto latino xeográfico que alude ás súa localización na China.

Variedades
Sinonimia
  • Camellia bohea (L.) Sweet
  • Camellia chinensis (Sims) Kuntze
  • Camellia thea Link
  • Camellia theifera var. macrophylla (Siebold ex Miq.) Matsum.
  • Camellia viridis Link
  • Thea latifolia Lodd. ex Sweet
  • Thea longifolia Nois. ex Steud.
  • Thea sasangua Nois. ex Cels
  • Thea stricta Hayne
  • Thea viridis L.
  • Theaphylla anamensis Raf.
  • Theaphylla laxa Raf.
  • Theaphylla oleifera Raf.
  • Theaphylla viridis Raf.[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!