Josep Antoni Tàssies Penella, nado o 13 de novembro de 1963 en Barbastro, Huesca, é un debuxante e autor e ilustrador catalán. Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio Internacional de Ilustración da Feira do Libro Infantil de Boloña (2008) e o Gran Premio da Bienal de Ilustración de Bratislava (2009).
Traxectoria
Tàssies licenciouse en Ciencias da Información e Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1987. En 1991 obtivo o máster en edición pola mesma universidade. Os seus primeiros debuxos foron impresos en 1983. As ilustracións de Tàssies, como retratos para suplementos literarios, viñetas e caricaturas sobre temas socio-políticos, apareceron en El País, La Vanguardia ou El Periódico de Catalunya, entre outros. Impartiu seminarios de ilustración de xornal na Escola de la dona - Diputació de Barcelona . Tàssies vive coa súa familia en Brunyola.[1]
Notas
- ↑ "Tàssies". international literature festival berlin (en inglés). Consultado o 2023-08-08.
Véxase tamén
Ligazóns web