Trindade (Masaccio)

A Trindade
ArtistaMasaccio
Data1434
Técnicapintura ao fresco
MovementoQuattrocento, Renacemento
Dimensións670 cm × 317 cm
Esquema da perspectiva cónica central
Exposición actual

A Trindade é unha pintura mural realizada coa técnica do fresco realizada polo pintor italiano renacentista Masaccio. O seu título completo é a Sacra Trindade, coa Virxe, San Xoán e doantes, ou ben A Santa Trindade (en italiano, Santa Trinità). Está pintada nun dos muros laterais da igrexa de Santa María Novella de Florencia en Italia. É talvez a obra máis celebrada de Masaccio á parte dos frescos da Capela Brancacci. As opinións sobre a datación do fresco varían entre 1425 e 1428. As medidas aproximadas son 670 centímetros de altura por 317 cm de anchura.

Foi redescuberto na súa totalidade en 1861, despois de terse escondido no século XVI por un retablo de Vasari e un altar de pedra. Está considerada unha das obras fundamentais da pintura na Idade Moderna[1] pois, cando se executou, a arquitectura renacentista non proporcionara aínda ningunha bóveda de canón.[a] A obra lembra ás primeiras obras da arquitectura do Prerrenacemento como a Basílica de San Lorenzo de Brunelleschi e o tabernáculo de San Luís na igrexa de Orsanmichele.[2]

Os críticos do século XIX viron nela unha revelación dos principios de Brunelleschi en arquitectura e o uso da perspectiva, até o punto de que algúns creron que Brunelleschi intervira directamente no deseño da obra (fose directamente así ou non, pénsase que Brunelleschi polo menos ensinoulle conceptos e técnicas de perspectiva a Masaccio) e menciónse, acotío como unha das primeiras pinturas monumentais do Renacemento en emprega-la perspectiva lineal ou xeométrica.[3]

Historia

Comitentes ou doantes

Non hai ningún documento que certifique con exactitude a data da execución da obra ou a identidade do cliente, malia estar representado xunto coa súa muller ao pé da pintura. As persoas que aparecen representadas son, case con toda seguridad, florentinos contemporáneos, ben sexa os comitentes que pagaron a obra, ben familiares ou achegados. Segundo as convencións establecidas para tales representacións asúmese, malia non estar de acordo tódolos estudosos, que probablemente os representados estaban vivos no momento de realización da obra.

As principais teorías sobre a súa identidade céntranse en dúas familias locais. Por unha parte, os Lenzi, a cal pertencería un prior dominicano presente no convento daquela, Fra Benedetto di Domenico di Lenzo. O traballo, puido ser, un xeito de homenaxe a un dos seus familiares falecidos por aquelas datas, e que pertencía a unha póla da familia, os Berti. Estes, eran unha familia obreira do barrio de Santa Maria Novella de Florencia e os rexistros desta familia, descubertos en 2012, indican que posuían unha tumba ao pé do fresco[4] polo que poderían identificarse como Berto di Bartolomeo del Banderaio, que sería quen estaba representado de xeonllos na parte inferior da obra xunto coa súa muller, Sandra.[5]

Porén, outras fontes, mencionan unha tumba dos Lenzi preto do altar, coa inscrición "Domenico di Lenzo, et Suorum 1426",[b] así como outras decoracións Lenzi na capela daquela época, e teorizan que os retratos dos doadores eran imaxes póstumas de Domenico e, quizais, da súa muller.

Finalmente, outra hipótese indica que é bastante posíbel que un teólogo do convento participase na complexa creación temática da obra e que Berti, en 1988, formulou a hipótese de que había de ser Fra Alessio Strozzi, un relixioso, humanista e matemático que frecuentaba a artistas como Lorenzo Ghiberti e Filippo Brunelleschi e que, estes, puideron estar implicados, ou polo menos consultados, na creación da Trindade. Os experimentos de Brunelleschi na perspectiva lineal probablemente foron a inspiración para a construción en perspectiva da pintura. A participación de Fra' Alessio situouse máis na cuestión da representación axeitada da Santísima Trindade, segundo as preferencias e sensibilidades da orde dominicana. de calquera destes dous homes.

Localización

O fresco, sitúase nunha posición asimétrica no van, exactamente fronte á porta que daba ao cemiterio da basílica.[6] O dogma da Trindade era un tema de grande importancia para os dominicanos, propietarios da igrexa, como se demostra pola destacada posición do fresco no interior da nave.[7]

O deseño da obra debeu levar varios meses, cun cálculo preciso de proporcións que requiriu o peche parcial da fiestra do muro para gañar en altura.[8] E, aínda que a configuración deste espazo cambiou desde a creación da obra de arte, hai indicios claros de que o fresco estaba aliñado con moita precisión en relación coas liñas de visión e a disposición en perspectiva da sala da época; particularmente un antigo portal de entrada que daba á pintura; para potenciar o efecto trompe-l'œil. Tamén había un altar, montado como repisa de andel entre as seccións superior e inferior do fresco, subliñando aínda máis a "realidade" do artificio.

Conservación

O estado de conservación da obra amosa en boa medida os sinais de desgaste derivados do tempo e, máis aínda, das diversas e curiosas vicisitudes seguidas ao longo da historia. De feito, a obra conservouse afortunadamente ata nós grazas a Giorgio Vasari. Este, por asuntos relacionados coa Contrarreforma, foi encargado de desmontar un tabique preto de onde se colocaba a obra e ao non atopar outro lugar onde gardala no interior da igrexa (xa que recoñeceu o seu inmenso valor histórico e artístico), decidiu escondela detrás dun novo altar. Deste xeito, esta obra conservouse case intacta. O altar superior estaba rematado por un gran retablo dedicado á Virxe do Rosario creado para a familia Capponi polo propio Vasari.

En 1860, durante a eliminación do altar de Vasari nun proxecto para converter os altares da igrexa en estilo neogótico, redescubriuse o fresco da Trindade. Para non telo cuberto polo altar neogótico, o fresco foi transportado "massello" -é dicir, recortando tamén o grosor da parede na que estaba pintado- baixo a atenta mirada do restaurador Gaetano Bianchi e trasladado a a parte baixa da contrafachada da igrexa.

Case un século despois, en 1952, grazas ao estudo dos textos renacentistas do filólogo e director das restauracións da cidade Ugo Procacci descubriuse que, en realidade, a Trindade tamén estaba composta por un esqueleto e o seu sarcófago pintado; polo que se decidiu retirar o altar de Vasari que servía de base ao altar neogótico que cubría esta parte do fresco. Nese momento, decidiuse reordenar o fresco na súa localización orixinal e reunilo coa súa parte inferior, unha operación que estivo dirixida polo restaurador Leonetto Tintori. Unha nova restauración realizada entre 1999 e 2001 permitiu unha importante, aínda que parcial, recuperación dos matices orixinais do fresco.

Descrición

A pintura representa o dogma da Trindade, no marco dunha capela inspirada en arcos triunfais romanos, con bóveda de medio canón dividida en artesoados e sostida por columnas xónicas, flanqueada á súa vez por pilastras que sosteñen un entaboamento .

A Trindade destaca pola súa inspiración, tomada dos antigos arcos de triunfo romanos e a súa estrita adhesión aos descubrimentos recentes en termos de perspectiva, cun punto de fuga a nivel do espectador, de xeito que, como describe Vasari:[9]

In s. Maria Novella ancora dipinse a fresco aouo il tramezzo della chiesa una Trinità che è posta sopra l'altare di s. Ignazio (...) Ma quello che vi è bellissimo, oltre alle figure, è una volta a mezza botte tirata in prospettiva, e spartita in quadri pieni di rosoni che diminuiscono e scortano cosi bene, che pare che sia bucato quel muro.
En santa María Novella tamén pintou ao fresco no tabique da igrexa unha Trindade que está situada enriba do altar de S. Ignacio (...) Pero o fermoso alí, ademais das figuras, é unha bóveda de medio canón debuxada en perspectiva, e dividida en paneis cheos de rosetóns que a mingua e acompañan tan ben, que parece coma se ese muro fose furado.


«O que é fermoso, ademais das figuras, é unha bóveda de canón debuxada en perspectiva e dividida en cadrados cheos de rosetas que diminúen e se reducen tan ben que parece que a parede está perforada». Con este fresco, Masaccio consegue a perfección no uso da perspectiva cónica central, dun punto de fuga.[10] O uso da perspectiva dese xeito xera unha composición en trompe l'oeil con figuras e espazo representados a tamaño natural. O fresco tivo un efecto transformador en xeracións de pintores florentinos e artistas visitantes.[2]

Os doadores representan outra importante novidade, que ocupa o propio espazo do espectador, fronte ao plano da pintura, que está representado polas columnas xónicas e as pilastras das que parece saír a falsa bóveda. A súa postura é tradicional para os doantes: orar, pero a tamaño natural, e a atención ao realismo e ao volume é considerable.

Debaixo deles, e funcionando como base da composición, hai un altar de mármore baixo o que se ve un esqueleto xacente. Unha vista detallada do esqueleto no sarcófago tamén revela a vella advertencia, con letras claras: IO FU GIÀ QUEL CHE VOI SETE: E QUEL CHI SON VOI ANCOR SARETE (en galego, EU ERA O QUE VÓS SODES, E O QUE EU SON, VÓS SERÉDELO).

A interpretación máis común da Trindade é que a pintura vincula á tradicional conexión medieval da capela co Calvario (Κρανιου Τοπος, Kraniou Topos, en grego) ou Gólgota en arameo, que significan cranio. A tumba no fondo pode ser dos doantes ou de Adán. Tamén pode significar a viaxe que o espírito humano debe facer para acadar a salvación, elevándose sobre a vida terrestre e o corpo corruptible a través da oración (os dous doantes) e a intercesión da Virxe e San Xoán Evanxelista perante a Trindade.

A pintura pódese ler nunha dirección vertical ascendente, como a ascensión cara á salvación eterna, desde o esqueleto (símbolo da morte) até a vida eterna (Deus Pai), pasando pola oración (doadores), a intercesión dos santos (Santo Xoán e a Virxe), e redención (Cristo crucificado).

Notas

  1. Siegfried Giedion, en Espacio, tiempo y arquitectura (2009) sinala que as primeiras serían as bóvedas interior e exterior de Leon Battista Alberti en Sant'Andrea de Mantua, que comenzou casi cinco décadas despois da prematura morte de Masaccio.
  2. No sistema de citas florentino daquela época, o novo ano comezaba o 25 de marzo; e tendo en conta a conversión de calendarios xulianos a gregorianos, a morte de Domenico, segundo consta, tería sido o 19 de xaneiro de 1427.
Referencias
  1. Walther 2005, p. 93
  2. 2,0 2,1 Walther 2005
  3. Rubin (2007), p. 322
  4. Rita Maria Comanducci, "'L'altare Nostro de la Trinità': Masaccio's Trinity and the Bertily Family," The Burlington Magazine, 145 (2003), 14-21.
  5. Cricco & Di Teodoro 2016, p. 87.
  6. Spike 2002, p. 198.
  7. Spike 2002, p. 202
  8. Spike 2002, p. 204
  9. Vasari (1859), p. 154
  10. Fride-Carrassat (2005)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Read other articles:

  لمعانٍ أخرى، طالع كولومبيا (توضيح).   كولومبيا (بالإسبانية: República de Colombia)‏  كولومبياعلم كولومبيا  كولومبياشعار كولومبيا    الشعار الوطني(بالإسبانية: Libertad y Orden)‏  النشيد: نشيد كولومبيا الوطني  الأرض والسكان إحداثيات 4°00′N 73°15′W / 4°N 73.25°W / ...

 

Ця стаття є частиною Проєкту:Населені пункти України (рівень: невідомий) Портал «Україна»Мета проєкту — покращувати усі статті, присвячені населеним пунктам та адміністративно-територіальним одиницям України. Ви можете покращити цю статтю, відредагувавши її, а на стор...

 

Blick auf das Teehaus und einen Torbogen, im April 2009. Der Japanische Garten im Kölner Stadtteil Flittard am Stadtrand von Leverkusen ist ein Park innerhalb des Carl-Duisberg-Parks auf dem Industriegelände Chempark Leverkusen der Bayer AG. Inhaltsverzeichnis 1 Beschreibung 2 Galerie 2.1 Japanischer Garten 2.2 Teehaus 2.3 Ehemalige Bronzeplastiken 3 Siehe auch 4 Weblinks 5 Einzelnachweise Beschreibung Der Japanische Garten wurde 1912 erstmals neben der Villa von Carl Duisberg, Aufsichtsrat...

American baseball player (born 1982) Baseball player Daniel McCutchenMcCutchen with the Pittsburgh Pirates in 2011PitcherBorn: (1982-09-26) September 26, 1982 (age 41)McKinney, Texas, U.S.Batted: RightThrew: RightMLB debutAugust 31, 2009, for the Pittsburgh PiratesLast MLB appearanceApril 4, 2014, for the Texas RangersMLB statisticsWin–loss record8–11Earned run average4.81Strikeouts104 Teams Pittsburgh Pirates (2009–2012) Texas Rangers (2014) Daniel Th...

 

The following is a list of FC Chernihiv records and statistics for this Ukrainian football club. Player records and statistics Appearances Most goals in all competitions: Dmytro Myronenko, 139 matches Most goals in all competitions as Foreigner: Teymuraz Mchedlishvili, 108 matches Goalkeepers Most appearances in all competitions: Artem Lutchenko, 27 matches Most appearances goalkeeper with dual citizenship: Oleksandr Shyray, 45 matches Goalscorers Most goals in all competitions: Dmytro Myrone...

 

This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Cohen v. Cowles Media Co. – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2019) (Learn how and when to remove this template message) 1991 United States Supreme Court caseCohen v. Cowles Media Co.Supreme Court of the United StatesArgued March 27, 1991Decided June 24, 1991Full case nameDan Cohen v. C...

American college football season 1996 Kentucky Wildcats footballConferenceSoutheastern ConferenceDivisionEastern DivisionRecord4–7 (3–5 SEC)Head coachBill Curry (7th season)Offensive coordinatorElliot Uzelac (2nd season)Defensive coordinatorRick Smith (1st as DC, 7th overall season)Home stadiumCommonwealth Stadium(Capacity: 57,800)Seasons← 19951997 → 1996 Southeastern Conference football standings vte Conf Overall Team   W   L &#...

 

Protein-coding gene in the species Homo sapiens CENPNIdentifiersAliasesCENPN, BM039, C16orf60, CENP-N, ICEN32, centromere protein NExternal IDsOMIM: 611509 MGI: 1919405 HomoloGene: 12450 GeneCards: CENPN Gene location (Human)Chr.Chromosome 16 (human)[1]Band16q23.2Start81,006,552 bp[1]End81,033,114 bp[1]Gene location (Mouse)Chr.Chromosome 8 (mouse)[2]Band8|8 E1Start117,648,469 bp[2]End117,668,246 bp[2]RNA expression patternBgeeHumanMouse (or...

 

قرية الشماسنة  - قرية -  تقسيم إداري البلد  اليمن المحافظة محافظة المحويت المديرية مديرية ملحان العزلة عزلة الشماسنة السكان التعداد السكاني 2004 السكان 1٬560   • الذكور 758   • الإناث 802   • عدد الأسر 178   • عدد المساكن 153 معلومات أخرى التوقيت توقيت اليمن (+3 غ...

American businessman J. Irwin MillerBornJoseph Irwin Miller(1909-05-26)May 26, 1909Columbus, Indiana, U.S.DiedAugust 16, 2004(2004-08-16) (aged 95)Columbus, Indiana, U.S.EducationYale University (BA)Balliol College, OxfordOccupationBusinessmanKnown forCEO of CumminsArchitecture patronSpouseXenia Simons (m. 1943)Children5 Joseph Irwin Miller (May 26, 1909 – August 16, 2004) was an American industrialist, patron of modern architecture, and lay leader in the Christian ecumenical ...

 

Halaman ini berisi artikel tentang jaringan penyiaran televisi. Untuk kegunaan lain, lihat Me TV. Me-TVJenisSiaran televisi berjaringanNegaraAmerika SerikatJangkauanNasional (tersedia di televisi digital OTA dan LPTV di sebagian besar market, juga melalui satelit dan AT&T U-verse)Sloganboneemorable eatingtertainment doglevisionPemilikWeigel BroadcastingTokoh pentingNeal Sabin(President of Content and Networks, Weigel Broadcasting)Tanggal luncur1 Januari 2005 (2005-01-01) (di Chicago)...

 

1878 Canadian federal election ← 1874 September 17, 1878 1882 → ← outgoing memberselected members →206 seats in the House of Commons104 seats needed for a majorityTurnout69.1%[1] (0.5pp)   First party Second party   Leader John A. Macdonald Alexander Mackenzie Party Conservative Liberal Leader since 1867 1873 Leader's seat Victoria[a] Lambton Last election 65 seats, 30.1% 129 seats, 39.5% Seats won 134 6...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: St Peter's Girls' School – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2014) (Learn how and when to remove this template message) School in AustraliaSt Peter's Girls' SchoolLocationStonyfell Road, Stonyfell, Adelaide, South AustraliaAustraliaCoordina...

 

1968 studio album by Harvey MandelCristo RedentorStudio album by Harvey MandelReleased1968GenreRock, jazzLength45:14LabelPhilipsProducerAbe Kesh (believed to be)Harvey Mandel chronology Cristo Redentor(1968) Righteous(1969) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic [1] Cristo Redentor is the debut album by Harvey Mandel. Richie Unterberger of AllMusic writes that Mandel's debut remains his best early work.[1] John Tobler wrote in the liner notes of the CD t...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Halfway to Paradise – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2018) (Learn how and when to remove this template message) 1961 single by Tony Orlando Halfway to ParadiseSingle by Billy Furyfrom the album Halfway to Paradise B-sideCross My HeartReleas...

For the Australian film, see The Real Macaw (film). 1983 studio album by Graham ParkerThe Real MacawStudio album by Graham ParkerReleasedJuly 1983GenreRockLength39:06LabelArista[1]ProducerDavid Kershenbaum[2]Graham Parker chronology Another Grey Area(1982) The Real Macaw(1983) Steady Nerves(1985) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic[3]Robert ChristgauB+[4]Classic Rock[5]The Encyclopedia of Popular Music[6]MusicHound Rock...

 

Don't Dream It's Oversingolo discograficoScreenshot tratto dal video del branoArtistaCrowded House Pubblicazione20 ottobre 1986 Durata3:55 Album di provenienzaCrowded House GenerePop rock EtichettaCapitol Records ProduttoreMitchell Froom Registrazione1986 Formati45 giri CertificazioniDischi d'oro Danimarca[1](vendite: 45 000+) Dischi di platino Regno Unito[2](vendite: 600 000+) Crowded House - cronologiaSingolo precedenteNow We're Getting Som...

 

Company This article was nominated for deletion. The discussion was closed on 23 August 2023 with a consensus to merge the content into the article Parques Reunidos. If you find that such action has not been taken promptly, please consider assisting in the merger instead of re-nominating the article for deletion. To discuss the merger, please use the destination article's talk page. (November 2023) Palace EntertainmentTypePrivateIndustryAmusement parksFounded1998; 25 years ago...

Mexican politician (1868–1945) In this Spanish name, the first or paternal surname is Díaz and the second or maternal family name is Prieto. Félix DíazBorn(1868-02-17)17 February 1868Oaxaca City, Oaxaca, MexicoDied9 July 1945(1945-07-09) (aged 77)Veracruz, MexicoKnown forFigure in the Mexican RevolutionRelativesPorfirio Díaz (uncle) Félix Díaz Prieto (17 February 1868 – 9 July 1945) was a Mexican politician and general born in Oaxaca, Oaxaca. He was a ...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Canadian-American Junior Hockey League – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2022) (Learn how and when to remove this template message) Canadian-American Junior Hockey LeagueSportIce hockeyFounded2022CommissionerDarryl Oly OlsenNo. of teams5Mos...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!