Trim (en irlandésBaile Átha Troim) é unha localidade do Condado de Meath (Irlanda). Foi a capital histórica do Condado de Meath, papel que na actualidade ocupa a cidade de Navan. Está situada no centro do Condado e no 2006 contaba cunha poboación de 6 870 habitantes e a partir do 2007 foise estendendo cara ao Oeste.