Tratado de Brest-Litovsk Tipo de texto Tratado de paz Ratificación 3 de marzo de 1918 Derogación 11 de novembro de 1918 (armisticio de Mudros) Lingua De esquerda a dereita da imaxe, as columnas están escritas en: alemán, húngaro, búlgaro, turco otomán e ruso.
Fronteiras impostas por Alemaña a Rusia en Brest-Litovsk.
O Tratado de Brest-Litovsk foi un tratado de paz asinado o 3 de marzo de 1918 na cidade belarusa de Brest-Litovsk (daquela baixo soberanía rusa, actual Brest ) entre o Imperio alemán , Bulgaria , o Imperio Austrohúngaro , o Imperio Otomán e a Rusia soviética .
Consecuencias
Tras a revolución bolxevique Lenin decidiu retirar a Rusia da guerra a calquera prezo. Asinouse o tratado de paz de Brest-Litovsk o 3 de marzo de 1918 , en virtude do cal Rusia cedía extensos territorios:
No tratado, Rusia
Renunciaba a Finlandia , Polonia , Estonia , Livonia , Curlandia , Lituania , Ucraína e Besarabia que, a partir de entón quedaron baixo o dominio e a explotación económica dos Imperios Centrais .
Retirábase de Ucraína, e recoñía a súa independencia, e o tratado asinado entre este país e Alemaña o 9 de febreiro de 1918 .
Entregaba Ardahan , Kars e Batumi ao Imperio Otomán .
Finalmente, pagábase unha forte indemnización de guerra.
Con este tratado, Alemaña reforzou a fronte occidental con efectivos orientais.
Porén, o tratado non foi recoñecido polos aliados que, tras a derrota alemá na primeira guerra mundial , anulárono no armisticio de Mudros , asinado o 11 de novembro de 1918 .
Case todas as perdas rusas xa foran recuperadas en 1940 . Soamente Finlandia e Turquía , sucesora do Imperio Otomán, conservaron os territorios recibidos en Brest-Litovsk.[ 1]
Notas